Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación adica 3 millóns de euros menos a estradas e camiños, calcula o pp

Nota de Prensa

A DEPUTACIÓN ADICA TRES MILLÓNS DE EUROS MENOS A ESTRADAS E CAMIÑOS CON RESPECTO A 2007, ASEGURA O GPPP

* A reducción elevase a 5,25 millóns de euros se se comparan as partidas adicadas a inversións reais, polo que se deduce que Gómez Besteiro mentiu cando dixo que se incrementaba o orzamento nesta materia

* Os populares acusan ó Goberno da Deputación de pasar ano e medio sen facer ningún proxecto de conservación das vías provinciais. Os últimos proxectos de mantemento e conservación destas estradas datan, de feito, da primaveira de 2007

* Tamén salientan que o retraso no pago das subvencións a cargo do programa de cooperación coas comunidades veciñais non está xustificado

Lugo, a 1 de novembro de 2008.- O GPPP considera que a aprobación onte na xunta de goberno da Deputación do proxecto de conservación integral das estradas provinciais debería de terse levado a cabo con moitos meses de antelación, ó tempo que afirma que é mentira que se adique un maior investimento a esta materia.

Os últimos proxectos de mantemento e conservación das estradas privinciais, segundo salientan, foron redactados e adxudicados por o anterior Goberno da Deputación en primaveira do ano pasado. Razón pola que dende o GPPP pregúntanse qué fixo o equipo de Gómez Besteiro en esta manteria durante ano e medio.

A demora, dado que non hai razóns técnicas que a causaran, debe entenderse, ó entender do GPPP, como intencionada, aínda que resulta difícil determinar con que obxectivo porque o único que se deriva desta decisión é un perxuizo para todos os lucenses, que terán que sufrir o abandono no que se atopan as vias provinciais.

Os populares recalcan asimesmo que esto demostra que as criticas que a este respecto veñen facendo dende hai meses alertando de non se estaba a actuar coa dilixencia precisa e necesaria na área de Vías e Obras quedan agora confirmadas cos feito.

É mentira, segundo salientan os populares, que a Deputación vaia adicar máis cartos á conservación e mantenemento das vías provincias. De feito, os orzamentos de 2008 contemplan tres millóns de euros menos que os de 2007, ó pasar de 34.687.623,64 a 31.577.874,39 euros.

Así, tendo como referencia as partidas específicas consignadas a esta materia, a reparación, mantemento e conservación de infraestructuras e bens naturais adicanse nos orzamentos de 2008 2,44 millóns de euros mentres que en 2007 ésta era de 2,2 millóns. A inversións de reparación de infraestructuras adícanse idéntica cantidade en ambos orzamentos, 11 millóns de euros. Sen embargo, no que atinxe a investimento reais, os orzamentos de 2008 fíxanse en 22,2 milóns de euros mentres que os de 2007 ascendían a 27,5 millóns, é dicir, 5,25 millóns de euros menos.

Os populares, á vista destes datos, pregúntanse qué melloras se introducen neste plan integral de conservación posto que, ademais de que o orzamento é menor, antes as empresas adxudicatarias das obras xa tiñan que atender calquer incidencia que se presentara nestes viais as 24 horas do día os 365 días do ano e xa se realizaban melloras puntuais no trazado dalgunhas curvas, abríanse cunetas para favorecer a conservación do firme e facíanse pequenas actuacións de drenaxe, por poñer só algúns exemplos.

SUBVENCIÓNS ÁS COMUNIDADES VECIÑAIS.-

Para o Grupo provincial Popular o mesmo acontece coa aprobación das subvencións a cargo do programa de cooperación coas comunidades veciñais.

Na xunta de goberno desta mañá deuse o visto bon a obras correspondentes ós exercicios 2005, 2006 e 2007. Non hai ningunha razón tampouco que xustifique o retraso na realización deste trámite administrativo nas correspondentes a 2005 e 2006. As obras correspondentes ó ano 2005, por exemplo, están debidamente certificadas polos informes favorables dos capataces dende hai incluso un ano.

É o caso, por facer reperencia só a un par deles, da obra realizada no lugar de Fazouro, no concello de Foz, correspondente ó programa de 2005, que ten informe favorable dende o 24 de maio do ano pasado ou, no municipio de Ribadeo, a actuación realizada en Villaframil incluida no plan de 2006 e que ten informe favorable do capataz dende agosto de 2007.

As subvencións de Cultura e Deportes non son alleas tampouco a esta situación. Podería terse tramitado de feito o pago destas axudas hai varios meses. E o caso das actividades culturais realizadas no Concello de Pobra do Brrollón e que están xustificadas dende o 26 de setembro de 2007.

Exit mobile version