Site icon Crónica3.com A Mariña

Afirma o grupo municipal do PP de Burela que se desmorona “o tenderete”

  NOTA DE PRENSA

     O GMPP afirma que “o tenderete” do alcalde desmorónase.

     Barcia lémbralle ó alcalde que o concello quedou en boa situación económica e con proxectos en marcha que agora están parados.

     Elisa Crego pídelle a Nieves Cando menos charlatanería e máis resultados.

    

     O GMP afirmou hoxe, nunha rolda de prensa de Elisa Crego e José María González Barcia, que o bigoberno burelés é bastante rácano e tacaño no traballo; tan rácano e tacaño, afirmaron, que zanganean bastante e os resultados son escasos e pobres. Os concelleiros populares referíronse tamén ó “tenderete” e á perda de subvencións.

     González Barcia considera que nin o alcalde nin Nieves Cando poden dar exemplo de nada, a non ser a de tomar un bón número de cafés ó longo da mañán, racanear no traballo, e cada día que pasa mostrar cada vez máis o seu carácter desafiante, totalitario e sectario.

     Barcia afirmou que o alcalde “vé cousas que só el percibe no seu mundo máxico”. Barcia di que “o que dixo sobre o tenderete foi o que dixo, e está gravado na cinta do pleno e agora, unha vez máis, tenta facernos parvos ós demais decindo que a culpa é do PP”.

     Barcia foi máis aló. Indicou que “se se refire a como deixamos o concello, aí van datos: débeda controlada e eso que o seu partido nos deixou mil millóns de pesetas de herencia, pero para pagar; liquidez e celeridade nos pagos; proxectos en marcha para dinamizar a vida socioeconómica do concello; boas relacións cos colectivos; etc. En cambio, este home, no mundo máxico onde solamente el vive, paralizou a vida municipal, paralizou os proxectos que había en marcha, só sabe vivir das subvencións, está cometendo irregularidades realizando obras sen proxecto, hai sospeitas de ilegalidades sobre os procesos de selección e contratación de persoal; despreza ó grupo político que gañou as eleccións en Burela; tén malas relacións cos colectivos, agás con aqueles que el usou como plataforma sendo directivo dos mesmos nun engano burdo e tabernario á cidadanía coa complicidade de algúns directivos deses colectivos…”. Para os populares, “este é o tenderete do alcalde, no que por riba de todo priman os intereses particulares e dos amigotes de turno. Pero é un tenderete que se desmorona, porque os cidadáns xa teñen claro que este home non é de fiar, que tén dúas caras, unha delas mui perversa, e que con el o camiño que nos queda por percorrer como concello é curto porque tén demostrada a súa incapacidade e tacañería no traballo”.

     Pola súa banda, Elisa Crego pediulle a Nieves Cando “menos preocupación polo PP, menos charlatenería e máis traballo e resultados”. Crego lembrou que a perda da subvención para a violencia de xénero é unha realidade non negada por Cando, como o é a postura do BNG con respecto á posta en marcha de tribunais de violencia de xénero nas cidades galegas, lembrando que o BNG opúxose no Concello, na Deputación e no Parlamento Galego. Crego tamén lembrou que Cando non pode negar os datos: a Xunta tén retrasos de hasta oito meses en conceder as axudas por violencia de xénero e Vicepresidencia só tiña douscentos mil euros para axudas a concellos.

     Elisa Crego manifestou que “a realidade é a que é, a que denunciamos nós, e por eso Nieves Cando, que non tén outra cousa que facer, cabréase, e unha vez máis demostra que o dela é charlatanear, pero os resultados son os que son; ou sexa, pérdense subvencións, que tratan de solucionar con actividades sociais que costan cartos e sen efecto positivo, coma manifestos, conmemoracións e outras lerias”.

     Crego indicou que Nieves Cando non engadiu nada ó traballo que se estaba facendo. É máis, “imos a menos, e non o pode negar, por eso se enfada, algo mui propio nela cando as cousas non lle van ben. Ela mesmo di que o II Plano de Igualdade é continuación do primeiro, que fixo o PP”.

     Pola súa banda, González Barcia indicou que Elisa Crego, no ano e medio que leva como concelleira, tén intervido no pleno alomenos tanto como interviu Nieves Cando nos anos nos que estivo na oposición, proba de que fai aportacións, como o demostrou na reunión previa á aprobación do II Plano de Igualdade, na que Nieves Cando dixo que sí a todo o que propuxo Crego, mentres as concelleiras socialistas tiñan a boquiña pechada.

     Barcia dixo que a subvención de Eijo Garay foi culpa da Consellería de Innovación, do Bloque, non son douscentos mil euros, e recurreuse a través dun contencioso administrativo.

Exit mobile version