Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro recibe a Áncora de Prata arroupado por cargos do PP

NOTA DE PRENSA:
Esta distinción recoñece o seu traballo pola defensa do mundo do mar
CARGOS PÚBLICOS LUCENSES ARROUPAN A JOSE MANUEL BALSEIRO NA ENTREGA DA ÁNCORA DE PRATA COA QUE LLE DISTINGUIU A REAL LIGA NAVAL ESPAÑOLA

* O acto de entrega terá lugar mañá venres 21 de novembro co ocasión da Cea de Gala que se celebrará no Salón de Actos Sociais da Xurisdición Central da Mariña en Madrid

A Mariña, 20 de novembro de 2008.- Varios cargos públicos lucenses arrouparán a Jose Manuel Balseiro Orol na Cea de Gala na que se lle fará entrega da medalla de cabaleiro da áncora de prata, condecoración coa que lle distinguiu a Real Liga Naval Española como recoñecemento ao desempeño do seu traballo e forte compromiso na defensa dos intereses das persoas relacionadas co mundo do mar.

DEPUTADOS, SENADORES ALCALDES

O convite de honra terá lugar no Salón da Actos da Xurisdición Central da Mariña, en Madrid, mañá venres 21 de novembro, ás 21 horas. O deputado popular que ostenta tamén a Secretaría Xeral desta formación política na nosa provincia, estará acompañado de varios alcaldes, deputados nas Cortes Xerais e no Parlamento de Galicia, senadores, amigos e familiares. Xunto a eles, formará parte da comitiva de apoio o Presidente provincial Jose Manuel Barreiro Fernández.

De xeito especial destaca a presenza de varios alcaldes da Mariña lucense, comarca na que reside Jose Manuel Balseiro.

José Manuel Balseiro Orol exerce de voceiro de Asuntos Pesqueiros do Grupo Parlamentario Popular e foi autor, ao longo desta lexislatura, de múltiples iniciativas que teñen por obxecto a mellora das condicións de vida e seguridade dos membros das tres mariñas: pesqueira, armada, deportiva e mercante. Precisamente nestes estes obxectivos son coincidentes cos fins da organización que lle outorga o premio, a Rel Liga Naval Española, entidade de utilidade pública que traballa na promoción e defensa dos intereses marítimos de España.

PARTIDO POPULAR DA MARIÑA

Exit mobile version