Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo convocou o concurso de redacción “carta a un maltratador”

CERVO .- A concellaría de Asuntos Sociais, Muller e Seguridade Cidadá do Concello de Cervo convocou o segundo concurso de redacción “carta a un maltratador” que ten como finalidade sensibilizar a sociedade sobre a igualdade de oportunidades e previr a violencia de xénero. A responsable de sta iniciativa e a concelleira Pilar Armada

NOTA DE PRENSA

A devandita actividade está enmarcada dentro do programa de actos do día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres que cada ano ten lugar o 25 de novembro

CERVO CONVOCA O II CONCURSO DE REDACCIÓN “CARTA A UN MALTRATADOR”

    * A actividade ten por obxecto sensibilizar sobre a igualdade de oportunidades e previr a violencia de xénero.

 

    * Poderán participar todos os veciños, empadroados no termo municipal cervense, presentando un texto en formato de carta cuxo contido sexa a mensaxe que se queira transmitir a un suposto maltratador.

 

     Cervo, 14 de novembro de 2008.- A concellaría de Asuntos Sociais, Muller e Seguridade Cidadá do Concello de Cervo, que dirixe a edil do PP Pilar Armada, convoca a segunda edición do concurso de redacción “Carta a un maltratador”. A iniciativa, enmarcada no programa de actividades do día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres -que cada ano conmemórase o 25 de novembro- ten por obxecto sensibilizar en materia de igualdade e oportunidades e prevención da violencia do xénero.

     O obxectivo é que os participantes presenten, en formato de carta, unha mensaxe que se queira transmitir a unha persoa que sexa o suposto maltratador ou maltratadora. Dentro deste ámbito o enfoque será libre.

     Poderán participar veciño empadroados no termo municipal cervense, en dúas categorías: xuvenil para mozos e mozas de 12 a 25 anos e adultos, a partir dos 26 anos (estes inclusive). Para facelo deben presentar as súas composicións, antes do 25 de novembro na Casa da Cultura de San Ciprián ou na Casa do Concello de Cervo. Tamén poderán facelo no horario de apertura dos distintos centros sociais.

     O fallo do xurado farase público en decembro e o premio será de 100 euros, nun vale para gastar en calquera establecemento comercial de Cervo. Os traballos premiados faranse públicos nas distintas publicacións municipais.

Exit mobile version