Site icon Crónica3.com A Mariña

Concelleiros de Burela participan no congreso internacional sobre bandeiras azuis

BURELA .- Os concelleiros de Medio Ambiente e Obras e Servizos de Burela, Lucía Bouza e Pascual Doménech asisten desde onte en Almonte (Huelva) a un congreso internacional sobre bandeiras azuis denominado Más allá del 20 aniversario. Bouza asegura que “as conferencias que se están a impartir fixéronnos reflexionar e ver realmente o sentido e a importancia que ten a bandeira azul para unha praia e por eso no Concello de Burela imos seguir traballando por conservar polo menos as bandeiras que temos porque nos parece moi importante”.

A edil de Medio Ambiente sinala que “o máis interesante do congreso prodúcese tamén de portas para fora porque hai moitos concellos de España e de Galicia aquí representados e entón temos contactos cos outros concellos que nos están a contar as súas experiencias, os problemas que tiveron ás veces e os erros que puideron cometer, entón este intercambio de información é moi importante para todos os concellos”.

Entre os aspectos que se están a abordar no congreso de Almonte figuran a educación ambiental nas praias “estamos a ver que cousas podemos aproveitar para poñelas en marcha nas praias de Burela”, engade Lucía Bouza.

Exit mobile version