Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de cen inscritos nos xogos e obradoiro de memoria en Cervo

CERVO .- Máis de cen perosas están inscritas para participar nos diversos campionatos e obradoiros organizados en Cervo polas delegacións de Cultura, Servizos Sociais e Patrimonio Rural en colaboración coa asociación de mulleres rurais “As Espalladoras”. Ata o momento o número de inscritos no obradoiro de memoria é de 50 persoas. No campionato de tute participaran 25 parellas e no de parchís 12.

Nota de Prensa

O OBRADOIRO DE MEMORIA E OS CAMPIONATOS DE TUTE E PARCHÍS DARÁN COMEZO O DÍA 17

Cervo, 8 novembro de 2008.- O vindeiro luns, día 17 de novembro, está previsto que comecen nos distintos puntos do Concello os diversos campionatos e obradoiros organizados dende as delegacións de Cultura, Servizos Sociais e Patrimonio Rural en colaboración coa asociación de mulleres rurais “As Espalladoras”.
Así o avanzaron na tarde-noite de onte as concelleiras Pilar Armada, Yolanda Pedreira e Chelo Gallego durante unha xuntanza mantida no recentemente inaugurado Local Social de Cervo. Segundo indicaron as edilas cervenses, o campionato de tute (no cal participan un total de 25 parellas) dará comezo pola vila de San Ciprián, para despois continuar polos restantes núcleos de poboación. Do mesmo xeito, o campionato de parchís (no cal participarán 12 parellas) tamén se abrirá coa liguiña previa de San Ciprián a partires do día 17, e a continuación, proseguirán as restantes liguiñas no resto de parroquias.

OBRADOIRO DE MEMORIA

As concelleiras destacaron especialmente a participación nos obradoiros de memoria que se impartirán este ano coma novidade nos distintos núcleos de poboación do concello. Neste senso indicaron que os obradoiros comezarán o día 17 polas distintas zonas do rural. Ata o momento o número de inscritos é de 50 persoas, “un número moi significativo tendo en conta de que é a primeira vez que poñemos esta idea en marcha” sinalou Pilar Armada. Nos obradoiros de memoria poden participar veciños maiores de 50 anos que desexen reforzar a súa capacidade de retención de ideas, recordos e imaxes. Neles perseguese asi mesmo fortalecer as áreas de lingua e aritmética (lectura, operacións matemáticas e números) nas que todos os médicos e especialistas coinciden serven de “ximnasia para o noso cerebro”.

Exit mobile version