Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción do BNG de Viveiro solicitando que a embarcación A Pomba estea operativa

XOSE A. GOAS BASANTA concelleiro do Bloque Nacionalista Galego presenta para o seu debate na vindeira sesión de Pleno que celebre a Corporación Municipal de Viveiro, a seguinte

MOCIÓN

Xustificación

A embarcación A Pomba cedida ao Concello de Viveiro no ano 2005 atópase atracada desde hai anos no pantalán de servizo do Porto Deportivo de Viveiro.

No acordo para a cesión desta embarcación, no que este concelleiro participou no seu día, tratábase de destinala a “aula museo, para o disfrute e coñecemento de todos os escolares de Viveiro e comarca, así como de todos os cidadáns e visitantes” ( Xunta de Goberno do 5 de setembro de 2005).

Esta embarcación permanece amarrada sen que,desde aquelas datas, se teña feito algún tipo de mantenemento ( pintura exterior e interior, limpeza e acondicionamento).

Nada se sabe tampouco do destino final desta fermosa embarcación e de seguir así corre o perigo de se deteriorar gravemente.

Entendemos que hai que darlle un destino que faga útil este investimento que no seu día fixo o Concello. É por iso polo que este concelleiro propón que a Corporación Municipal

ACORDE

1º Que a alcaldía ordene facer os labores de mantenemento necesarios na embarcación A Pomba para manter esta en condicións óptimas.

2º.-Que o Goberno Municipal programe actividades que cumpran os obxectivos marcados no seu día para aula museo, disfrute e coñecemento de escolares e en xeral de todos os veciños e veciñas e visitantes.

Viveifro a 19 de novembro de 2008.

Asdo.-Xosé A. Goás Basanta

Exit mobile version