Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo solicitou á ministra de Fomento accesos dende a autoestrada

RIBADEO .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, entregoulle este mediodía un escrito á ministra de Fomento solicitando a construción dun novo acceso a Ribadeo desde a A-8 en sentido Asturias. O rexedor dixo que “é aquel que elaboramos nunha xunta de voceiros hai unhas semanas e no que se pedía que por parte de Fomento se habilitara un acceso adicional a Ribadeo vindo de Galicia cara Asturias para poder saír en Ribadeo, xa que tal e como foi deseñada a autovía iso non o permite. Si que permite desde Asturias sair na rotonda de Vilaselán e chegar ao centro de Ribadeo, pero no caso dos que veñen de Galicia non poden facer iso”.

Fernando Suárez engade que “tamén lle pedimos que nos conceda unha entrevista para abordar en profundidade toda esta problemática. Consideramos que era axeitado aproveitar este momento, porque a ministra non puido vir para a inauguración do tramo da Ponte dos Santos, e como será difícil vela por aquí de novo pois vimos convinte entregarlle dito escrito”.

O alcalde de Ribadeo asistiu este mediodía en Barreiros á inauguración do tramo Barreiros-Reinante da A-8, que presidiron a ministra de Fomento, Magdalena Álvarez e o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.

Exit mobile version