Site icon Crónica3.com A Mariña

O comité de empresa anuncia que Alcoa reduce plantilla noutros centros e mantén a de San Cibrao

SAN CIBRAO .- Alcoa anunciou quere reducir a plantilla que ten nas factorías de laminación, según asegura o comité de empresa de Alcoa de San Ciprián que aclara que “na actualidade este recorte non afecta a producción primaria en San Cibrao, A Coruña e Avilés”. O comité especifica que “a factoría máis afectada é Amorebieta, sobre 104, Sabiñanigo 30 e Alicante 45 traballadores”.

NOTA DE PRENSA
O COMITÉ INFORMA
SITUACIÓN ACTUAL DA FACTORÍA
Venres, 07 de Novembro de 2008. En reunión mantida có Director de fábrica, informóusenos da situación actual de laminación en Europa e concretamente no Estado Español.
Hoxe as 11 da mañá comunicóuselles as Empresas afectadas, Sabiñánigo, Amorebieta e Alicante unha redución de plantilla, segundo a dirección de Alcoa debida á mala situación do sector. A factoría máis afectada é Amorebieta, sobre 104, Sabiñanigo 30 e Alicante 45 traballadores.
Posteriormente, as 12 horas, informóusenos ás demais Empresas do grupo destas medidas.
Tamén se nos dixo que na actualidade este recorte non afecta a Produción Primaria: San Cibrao, A Coruña e Avilés.
Dende o Comité de Empresa de San Cibrao manifestamos a nosa preocupación polo situación actual, recordando que o grupo ALCOA ven de ter nos últimos anos os mellores rendementos da súa Historia.
Tamén brindamos o noso apoio aos compañeiros das fábricas afectadas, poñéndonos a disposición de apoiar as medidas que desde os Comités destes centros acorden.
No momento que teñamos máis información farémola pública a tódolos traballadores.
Comité de Empresa San Cibrao

Exit mobile version