Site icon Crónica3.com A Mariña

O Observatorio da Mariña pola Igualdade escenificará na rúa a morte por violencia machista

FOZ .- Con motivo do día internacional contra violencia de xénero, o Observatorio da Mariña pola Igualdade promove unha acción teatral Ana rúa Xóan Montes, en Foz, o 22 de novembro ás seis da tarde. O acto consistirá, a grandes trazos, na escenificación da “morte de todas as mulleres que neste ano 2.008 foron asasinadas en actos de violencia machista, pero tamén se terán presentes a todas aos milleiros de mulleres que sofren as terríbeis consecuencias desta forma de agresión brutal”.
As persoas que desexen participar directamente no acto coa súa presenza  régase que confirmen a súa vontade de participar antes do xoves 20, ou ben chamando ao 663617406 ou ben enviando un correo electrónico a observatorioigualdade@gmail.com.

Nota de Prensa

O Observatorio da Mariña pola Igualdade promove unha acción de teatro na rúa para concienciar sobre a violencia machista

A representación, para a que solicita a participación de todos e todas as mariñás que o desexen, terá lugar o sábado 22 ás seis da tarde en Foz

Con motivo do Día Internacional contra Violencia de Xénero o 25 de novembro, o Observatorio da Mariña pola Igualdade promove unha ACCIÓN TEATRAL DE RÚA para concienciar á poboación sobre a lacra que supón a violencia machista, unha forma de agresión contra as mulleres polo mero feito de ser mulleres. Terá lugar en Foz o vindeiro sábado 22 de novembro ás 18 horas, na rúa peatonal Xoán Montes (que une a rúa Álvaro Cunqueiro coa Avenida da Mariña).
Desde o Observatorio quérese IMPLICAR A TODA A CIDADANÍA neste acto simbólico, pero contundente, contra a violencia machista, ben sexa apoiando o acto coa súa presenza como espectadoras/es, ou participando directamente na representación teatral. Neste último caso, prégase que confirmen a súa vontade de participar antes do xoves 20, (ou ben chamando ao 663617406 ou ben enviando un correo electrónico a observatorioigualdade@gmail.com) para que desde o Observatorio se lles explique en que consistirá pormenorizadamente o acto e o material que precisan levar. Quen desexe participar pode facelo en nome dalgunha asociación ou institución á que represente, ou como cidadás e cidadáns individuais e comprometidos coa eliminación deste acto de terrorismo que é a violencia de xénero.
A grandes trazos, na representación teatral escenificarase simbolicamente a morte de todas as mulleres que neste ano 2008 foron asasinadas en actos de violencia machista, pero tamén se terán presentes a todas aos milleiros de mulleres que sofren as terríbeis consecuencias desta forma de agresión brutal.
Tralo remate da representación, as membras do Observatorio lerán un MANIFESTO para reivindicar a reflexión e comprensión das causas que xeran este tipo de violencia, así como para avaliar os avances e aspectos pendentes.

Exit mobile version