Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE resposta no Parlamento que o PP quere protexer intereses particulares no caso da Atalaia

NOTA DE PRENSA:

FRANCISCO CERVIÑO SINALA QUE O “PP QUERE PROTEXER DETERMINADOS INTERESES EMPRESARIAIS POR ENRIBA DE INTERES CULTURAIS”, AO LEVAR AO PARLAMENTO A CUESTION DE PUNTA ATALAIA EN CERVO

– O portavoz de Cultura do PSdeG-PSOE afirmou que “non é posible que esta Administración, nin ningunha, poida facerse ca propiedade de tódolos bens a protexer”

Santiago, 19 de Novembro do 2008. O portavoz de Cultura do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia Francisco Cerviño, interveu hoxe na Comisión 4ª da Cámara Autonómica para explicar a postura do Grupo Socialista, sobre a adquisición dos terreos, e o achádeo dos restos arqueolóxicos que datan do s.I e III na Atalaia en Cervo( Lugo). E sinalou que o “PP quere protexer determinados interese empresarias por enriba de intereses culturais”.

Durante a súa intervención o portavoz socialista amosou a “súa estrañeza” de que o Goberno popular do concello lugués, que tiña que coñecer a existencia destes restos arqueolóxicos, traia agora este asunto ao Parlamento.

Cerviño afirmou que tería sido prudente que antes “de conceder licencias urbanísticas nesta zona se tivéranse levado a cabo catas”.

“A quen beneficia esta iniciativa que hoxe plántea o deputado popular?”- preguntou Cerviño. “A reposta é sinxela- explicou- ou ben protexer ao Alcalde e aos membros da maioría da corporación municipal por si nun futuro lles poden pedir responsabilidades civís, ou protexer os intereses empresariais concretos”.

Por último o portavoz de Cultura afirmou que “non é posible que esta Administración, nin ningunha, poida facerse ca propiedade de tódolos bens a protexer”.

Exit mobile version