Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta non toma medidas para reducir a espera no Hospital da Costa, afirma o PP

NOTA DE PRENSA:

O Gurpo Popular impulsou no Parlamento de Galicia unha iniciativa coa que se pretende que Sanidade asuma o compromiso de poñer en marcha solucións dirixidas a garantir o dereito de acceso dos doentes ás consultas dos médicos especialistas

LABAZADA DO BIPARTITO AOS VECIÑOS DA MARIÑA TRAS NEGARSE A POÑER EN MARCHA AS MEDIDAS OPORTUNAS PARA EQUIPARAR, COMO MÍNIMO, O TEMPO DE DEMORA MEDIA DESTE CENTRO CO REXISTRADO NO RESTO DOS HOSPITAIS GALEGOS
· Ata o momento o SERGAS limítase a negar o alarmante aumento das listas de espera no centro hospitalario mariñán e, xunto co bipartito, está a opoñerse a elaborar unha auditoría que acredite a situación real do colapso do centro público mariñán.
· OS DATOS EMPEORAN: 16 das 22 consultas de especialistas no hospital da costa viron incrementada a súa lista de espera segundo os datos oficiais do último trimestre: [ Destacan os incrementos nas consultas de rehabilitación (+32 días), endocrinoloxía (+28 días), nefroloxía (+21 días), dermatoloxía (+18 días), medicina interna, oftalmoloxía (ambas +16 días), e neuroloxía (+15 días) ]
· INCLUSO SI OS COMPARAMOS CO 2005: Os datos tamén son negativos en 13 especialidades se comparamos o tempo de espera actual co respecto ao que se rexistraba no 2005: Dermatoloxía con +61 días, cardioloxía (+53 días) oftalmoloxía (+38 días), ou uroloxía (+38 días) son as que peor comportamento rexistran nos últimos anos

Os datos que poden ser consultados na páxina web do SERGAS acreditan o seguinte:
– OFTANMOLOXÍA: O tempo de espera é superior nun 65% a demora media do conxunto dos hospitais do SERGAS.
– Media do SERGAS: 80 días.
– Hospital da Costa: 132 días (+52 días)
– CARDIOLOXÍA: O tempo de espera é superior nun 42% a demora media do conxunto dos hospitais do SERGAS.
– Media do SERGAS: 62 días.
– Hospital da Costa: 88 días (+26 días)
– PSIQUIATRÍA: O tempo de espera é superior nun 76% a demora media do conxunto dos hospitais do SERGAS.
– Media do SERGAS: 29 días.
– Hospital da Costa: 51 días (+22 días)
– DERMATOLOXÍA: O tempo de espera é superior nun 37% a demora media do conxunto dos hospitais do SERGAS.
– Media do SERGAS: 57 días.
– Hospital da Costa: 78 días (+21 días)
– UROLOXÍA: O tempo de espera é superior nun 31% a demora media do conxunto dos hospitais do SERGAS.
– Media do SERGAS: 61 días.
– Hospital da Costa: 80 días (+52 días)
– ENDICRONOLOXÍA: O tempo de espera é superior nun 15% a demora media do conxunto dos hospitais do SERGAS.
– Media do SERGAS: 62 días.
– Hospital da Costa: 71 días (+9 días)
– REHABILITACIÓN: O tempo de espera é superior nun 4% a demora media do conxunto dos hospitais do SERGAS.
– Media do SERGAS: 48 días.
– Hospital da Costa: 50 días (+2 días)
– NEFROLOXÍA: O tempo de espera é superior nun 3% a demora media do conxunto dos hospitais do SERGAS.
– Media do SERGAS: 31 días.
– Hospital da Costa: 32 días (+1 días)

Enlace coa iniciativa que será obxecto de debate:
http://www.parlamentodegalicia.es/agor003/rexistro.aspx?numRexi=0728939T

Exit mobile version