Site icon Crónica3.com A Mariña

Os deputados do PP discrepan da vicepresidenta da Deputación e din que minte

NOTA DE PRENSA:

OS DEPUTADOS POPULARES POLA MARIÑA ASEGURAN QUE É LARA MÉNDEZ A QUE MINTE

* Reafírmanse no dito e pregúntanlle á vicepresidenta segunda se coñece os proxectos

* Instana a traballar máis pola comarca e facer “menos teatro e parafernalia”

A Mariña, a 27 de novembro de 2008.- Os deputados populares pola Mariña, José María González Barcia, José Manuel Yanes Ginzo e Guillermo Leal Arias, replican á vicepresidenta segunda Lara Méndez que é ela a que minte porque os datos os que aludiron cando valoraron o Plano de Conservación da Rede Provincial proceden dos proxectos de conservación integral da rede viaria redactados pola Deputación. Consideran, polo tanto, que é a Sra. Méndez a que descoñece as características de dito plano e recoméndanlle que se adique a traballar máis e facer menos teatro e parafernalia.

Así, os deputados populares da Mariña reafírmanse no dito. É dicir, dentro do indicado plano de conservación integral só se contemplan actuacions programadas en 108 quilómetros e para facilitarlle o traballo de comprobalo á Sra. Méndez especifican de ónde sacaran o dato: da suma resultante de que se indica nas páxinas denominadas “designación de obra” de cada un dos tres proxectos nos que se divide A Mariña.

González Barcia, Yanes Ginzo e Leal Arias convidan á Lara Méndez a que, tras a análise concienzuda dos referidos proxectos, conteste si ou non ás seguintes preguntas:

Primeira: é certo que só se actúa de forma programada en 108 quilómetros de toda a comarca?

Segunda: é certo que só se actúa con aglomerado en quente en un quilometro trescentos sesenta metros?

Terceiro: é certo que a actuación programada no seu concello, Cervo, contempla un tramo de tratamento simple de dous quilómetros na estrada de Riocobo a Vilaestrofe por Trasbar; outro de doble tratamento de aínda non 400 metros na estrada de Figueirido ó Paraño; e dous tramos na estrada San Cibrao-Burela, un deles con doble tratamento de 1.400 metros e outro de pouco máis de 400 metros de aglomerado en quente?

Cuarto: é certo que no tramo A Marosa-Burela, da mesma estrada, se usou aglomerado en quente xa a principios de 2007? É certo que a Deputación parou deliberadamente as obras da estrada Burela-Rúa, aínda despois de ter resolto o proceso expropiatorio?

Sería bo que contestara, porque son preguntas que lle afectan ó conxunto dos cidadáns da Mariña pero tamén moi especialmente ós seus veciños de Cervo, que pouca ou ningunha explicación lle atopan á parálise que a Deputación tén co seu concello.

Se Lara Méndez é capaz de contestar que non, con argumentos, ás preguntas anteriores, entón, indican os deputados populares, “nós calaremos a boca”. Na súa opinión a “Sra. Méndez descoñece que dentro dos proxectos de conservación integral hai varios apartados, un deles o de “afirmado e pavimentacións”, onde se contemplan as actuacións programadas, e outro o de “vialidad invernal e incidencias”, que os mesmo proxectos definen como “…. operaciones de vigilancia de incidencias…retirada de objetos o vertidos en la plataforma…actuaciones tendentes a mantener una correcta vialidad…”. En cambio, o apartado de “afirmado e pavimentación” contempla …”la subsanación de los baches discontinuos que puedan producirse así como actuaciones continuas de reparación del firme o capa de rodadura…”.

O certo é que Lara Méndez, afirman os deputados populares, “fai mellor labor adicada ó INLUDES que defendendo o indefendible”.

“Por certo, unha derradeira pregunta, cantos kilómetros de aglomerado en quente hai para toda a provincia dentro deste programa de conservación? Se o adivina, seremos capaces de recoñecer que alomenos lle pasaron a chuleta”, engaden.

Exit mobile version