Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela reclama máis presenza policial as fins de semana

NOTA DE PRENSA

O pasado fin de semana, outro máis con escasa ou nula policía municipal.

O GMPP asegura que o alcalde é manifestamente incapaz de arreglar a situación.

Os populares pídenlle ó alcalde que merque cascos para as motos.

O GMP de Burela vén de denunciar a escasa ou nula presencia da policía municipal nas noites do fin de semana, unha vez máis. No caso concreto do fin de semana pasado, a noite do venres ó sábado non houbo ningún policía local de servicio, e a noite do sábado ó domingo só houbo un funcionario.

Con esta situación, determinadas chamadas non se atenderon debidamente ou simplemente non se atenderon, o que demostra que o alcalde é incapaz de solucionar un problema que unica e exclusivamente responsabilidade del.

Para os populares, a situación está acadando tintes preocupantes, porque os veciños se sinten inseguros, ante a pasividade do máximo responsable local na materia. O alcalde tén que poñer solucións riba da mesa xa; o PP no seu día ofreceulle algunha, pero este home ademais de perezoso para o traballo é perezoso para escoitar.

Finalmente, pedirlle que compre cascos para as tres motos que tén o concello. Actualmente só hai un caso, porque antes había só unha moto, pero non é moito de recibo que lle haxa que pedir os cascos a particulares cando saen dúas motos de servicio.. Unha solución pasaría por pedirlle a Valention Rossi o se, o que daría sen lugr a dúbidas certo prestixio ás xestiósn do alcalde.

O GMPP de Burela.

En Burela, a dezanove de Novembro de dous mil oito.

Exit mobile version