Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP ve razoable que o concello de Burela aporte 250 mil euros en axudas a familias

Nota de Prensa

O PP alerta sobre o aumento do paro en Burela e pide axudas municipais.

O incremento foi de un dez por cento de setembro a outubro, 36 persoas máis.

No concello de Burela había 406 parados a 31 de Outubro.

O Partido Popular de Burela alertou hoxe a través dunha nota de prensa do incremento do paro no concello nos últimos meses. Así, se en Xuño había 382 parados, en Xullo foron 334, en Agosto 343, en Setembro 370 e en Outubro 406, ou sexa, 36 persoas máis paradas en Outubro con respecto a Setembro,  o que representa un incremento de un dez por cento.

Eso significa, segundo o PP, que en Burela tamén o paro é un problema, que parece que comenza a afectar de verdade, como se ve no incremento dos últimos catro meses.

Polo tanto, agora se ve que teñen todo o sentido do mundo as propostas que fai o PP sobre o establecemento de liñas de axuda, desde o Concello, ás familias que conten con parados, para evitar que os problemas se incrementen.

O PP considera que o establecemento dun fondo de douscentos cincuenta mil euros nos orzamentos de 2009 para axudas a familias non é descabellado senon que, como se vé, tén toda a razón de ser nos tempos de crise que estamos a vivir, e que pode empeorar vistos os datos de crecemento negativo que se veñen de coñecer.

Os datos feitos públicos polo PP demostran un incremento do paro máis acusado entre os homes,  e tamén no sector de poboación superior ós vintecinco anos.

SETEMBRO-08 OUTUBRO-08 DESVI.TOTAL
TOTAL 370 406 36 (+ 9’9%)
–          25 ANOS 48 50 2   (4’5%)
+ 25 ANOS 322 356 34  (10’5%)
TOTAL HOMES 128 151 23   (18’5%)
HOMES -25 15 21 6  (40’00%)
HOMES + 25 113 130 17 (15%)
TOTAL MULLE

MULLERES-25

MULLERES+25

242

33

209

255

29

226

13 (4’5%)

-4  (-12’00%)

17 (8’00%)

Por sectores

SET/2008 OUTU/2008 DESVIACIÓN TOTAL
TOTAL

SECTOR PRIMARIO

370

37

406

44

36  (9’9%)

7 (18’00%)

INDUSTRIA 20 16 –          4 (-20%)
CONSTRUCCIÓN 34 40 6 (18’5%)
SERVICIOS 190 210 20 (11%)
SEN EMPLEO ANTERIOR 89 96 7 (8%)

O PP lembra que na Mariña Central tamén se incrementou o paro de Setembro, 1.098 rexistrados, a Outubro, 127 máis, un 11’5%, ou sexa, un total de 1.225 rexistrados no INEM. Os homes pasaron de 427 a 489, e as mulleres pasaron de ser 671 a ser en Outubro 736, afectan do máis ós maiores de 25 anos, que pasaron de ser 968 rexistrados a 1.085.

Na Mariña Central, por sectores, o que veu incrementar máis o paro foi o sector servicios, que pasou de 603 rexistrados en Setembro a 691 en Outubro. O sector menos castigado co incremento do paro foi, o sector primario, que pasou de 71 parados a 78.

Exit mobile version