Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP non está de acordo coas bombas nodriza da Deputación

NOTA DE PRENSA

O GPPP AFIRMA QUE A DEPUTACIÓN AINDA NON SABE CANDO RECIBIRÁ AS BOMBAS NODRIZA

* Os populares salientan que, por esta razón, a vicepresidenta segunda mentiu cando asegurou que o camión para Barreiros non estaba no parque de bombeiros porque antes había que facer reformas nas instalacións

Lugo, a 3 de novembro de 2008.- O GPPP considera que a Deputación errou ó mercar as bombas nodriza para os parques de bombeiros xa que son inoperativas para acceder a vivendas en pisos elevados.

Os populares considera ademais que a vicepresidenta segunda Lara Méndez minte unha vez máis cando asegurou que o vehículo destinado ó parque de Barreiros está pendente de entrega porque antes as instalacións terán que ser obxecto dalgunhas reformas.

O GPPP lémbralle a Méndez que este tipo de camións non están en stock, precisamente polas súas peculiares características, e que, cando menos, tardan en fabricarse e equiparse unha media de entre cinco e seis meses.

Dende o GPPP insistese en suliñar tamén que estas bombas serán inoperativas porque non hai persoal que as atenda, e por riba non se sabe onde estarán, porque agás o parque de Barreiros, os demais están sen facer e, polo tanto, descoñécese onde estará ubicada a base das bombas nodriza.

Os populares tamén demandan información sobre o futuro do parque comarcal de bombeiros de Monforte porque a estas alturas non saben se se realizou algunha xestión sobre este asunto, máxime se se ten en conta que este concello ten menos de 20.000 habitantes e, segundo a Lei de emerxencias, o seu funcionamento pode e debe ser asumido polo consorcio provincial así como os gastos derivados do mesmo.

Exit mobile version