Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pidelle ao BNG que apoie ás emendas populares aos presupostos do estado

NOTA DE PRENSA

Dende o PP da Mariña cominase aos nacionalistas a apoiar as emendas do grupo Popular aos Presupostos do Estado se realmente queren decisivos para a comarca

O BNG EN MADRID SO FAI UNHA XESTIÓN ‘DE BOQUILLA’ EN FAVOR DA MARIÑA

•    Para os populares o que realmente fixeron os nacionalistas foi vender a nosa comarca.

A Mariña, 08 de novembro de 2008.- O Partido Popular na comarca da Mariña quere saír ao paso das declaracións realizadas por múltiples dirixentes do BNG nos medios de comunicación nas cales cualificaban coma “decisiva” a súa xestión para conseguir 500.000 euros para o corredor costeiro Barreiros-San Cibrao nos presupostos estatais para o 2009.

“O BNG VENDEU Á  MARIÑA”

Neste senso cumpre puntualizar que o que realmente fixeron os nacionalistas foi vender á Mariña. Hai que lembrar que nos últimos catro anos os responsables do BNG levan apoiando uns orzamentos en Madrid nos cales reiteradamente se contemplan incrementos nos investimentos para esta infraestrutura viaria que nunca se chegan a materializar. Ademais, no ano 2006, o BNG xa fixo un anuncio semellante prometendo unha partida similar á de agora nos orzamentos daquel ano para estas obras, pero nunca chegaron a materializarse. A pesares disto, o BNG segue a aprobar os presupostos e a darlle o seu apoio ao Goberno Zapatero.

OS INVESTIMENTOS NON CHEGAN NIN PARA LIMPAR CUNETAS

Os dirixentes nacionalistas aproveitan ciclicamente estas negociacións “de boquilla” con Madrid para vender diante da opinión pública e nos medios de comunicación a súas presuntas xestións coma a panacea de tódolos problemas da Mariña, pero a crúa realidade amosa outra faciana ben distinta: A submisión e a utilización da Mariña coma moeda de cambio para que os dirixentes do BNG podan garantir os seus postos nas distintas institucións nas que gobernan conxuntamente cos socialistas. Isto é perfectamente contrastable. Só cabe recordar que xa no seu día o Congreso dos Deputados acordou por unanimidade o compromiso de que a remodelación desta vía de comunicación estivera en marcha no 2008 e sen embargo os orzamentos destinados para cumprir ese acordo non chegan nin para limpar as súas cunetas.

TRAIZON NACIONALISTA CO PORTO DE ALCOA

Outras mostra da pouca credibilidade dos responsables do BNG -có seu portavoz no Congreso ao fronte- foi o seu anuncio en San Cibrao de que vincularían o seu apoio aos orzamentos do Estado do 2009 á apertura do dique norte de Alcoa, e sen embargo, agora esqueceron esas promesas tan grandilocuentes e só se limitan a falar dun estudo que se plasmará no orzamento do 2010, pero o cal non dispón de partida presupostaria algunha.

EMPRAZAN A APOIAR AS EMENDAS DO PP

Por último, dende o Partido Popular da Mariña queremos emprazar aos representantes do BNG no Congreso dos Deputados para que sexan consecuentes coas súas promesas públicas e -si realmente están comprometidos con esta comarca- apoien as emendas presentadas polo grupo Popular aos Presupostos do Estado. Nestas emendas o Partido Popular recolle maior número de actuacións con partidas orzamentarias máis elevadas e acordes coas necesidades que precisa a Mariña lucense.  Mentres non fagan isto, os membros do BNG non terán ningún tipo de credibilidade

PARTIDO POPULAR DA MARIÑA

Exit mobile version