Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP quere que se rehabilite o barrio de O Celeiriño e que o pague a Xunta

VIVEIRO/CELEIRO .- O Partido Popular de Galicia pide que se rehabilite o barrio de O Celeiriño e que o pague a Xunta, non pide nada á empresa construtora ni ao concello de Viveiro. Con tal fin os populares presentaron unha emenda aos presupostos da Xunta para o ano 2009 pedindo “preto de tres millóns de euros destinados á asumir os gastos de rehabilitación do barrio de O Celeiriño”.
O PP non reclaman nada ao construtor nin ao concello de Viveiro, e deixan constancia de que “con independencia de que despois sexa a empresa ou o Concello de Viveiro os responsables do alí acontecido, a Xunta debe garantir que estes cartos chegarán e, polo tanto, que os veciños contarán co apoio e co auxilio da administración galega”. De entrada que pague a Xunta, despois xa veremos.
O deterioro progresivo das vivendas do barrio de O Celeiriño, hasta o desaloxo das mesmas, iniciouse fai meses igual que o desmonte feito nun terreo colindante no que se construirá un edificio.
Nota de Prensa

A medida beneficiaria a preto de 35 familias que a día de hoxe ven impedida a posibilidade de facer uso da súa vivenda
O PP RECLAMARÁ PRETO DE TRES MILLÓNS DE EUROS PARA A REHABILITACIÓN DO BARRIO DE O CELEIRIÑO
 

    * Os populares rexistran unha emenda aos orzamentos da Xunta de Galicia para 2009 co obxecto de que a administración asuma formalmente facerse cargo destes gastos

 

      A Mariña, 08 de novembro de 2008.- O Partido Popular de Galicia (PPdeG) rexistrou unha emenda aos orzamentos da Xunta para 2009 a través da que reclaman a disposición de preto de tres millóns de euros que irán destinados á asumir os gastos de rehabilitación do barrio de O Celeiriño (Viveiro). 

      Os populares buscan, a través desta emenda, que a Xunta de Galicia adquira un compromiso formal, e por escrito, de asumir estes gastos, toda vez que xa no seu día anunciou a vontade de facelo o conselleiro de Presidencia, Jose Luis Méndez Romeu. Segundo o PPdeG, as contas autonómicas para o ano próximo non contemplan ningunha cantidade para este obxecto polo que, “é o momento oportuno para facer constar esta achega a través dunha emenda que esperemos sexa apoiada por todas as forzas políticas”

      BENEFICIAR AOS 35 VECIÑOS AFECTADOS

      Na vontade do Partido Popular está ofrecer unha maior seguridade aos 35 veciños que hoxe ven impedida a posibilidade de facer uso das súas vivendas ou perderon os seus fogares. Buscamos apoiar e beneficiar a aquelas familias que están inquietas ante a incerteza de quen será o que se faga cargo dos moitos gastos que esta situación está a provocar e que traerá no futuro o proxecto de rehabilitación do barrio, aclaran desde a formación popular.

      “Con independencia de que despois sexa a empresa ou o Concello de Viveiro os responsables do alí acontecido, a Xunta debe garantir que estes cartos chegarán e, polo tanto, que os veciños contarán co apoio e co auxilio da administración galega”.

Exit mobile version