Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP volve chamarlle preguiceiro ao alcalde de Burela

NOTA DE PRENSA DO GMPP DE BURELA

O PP lamenta que o alcalde dea semellante imaxe de desinteres e pereza.

Os populares afirman que o alcalde négase a que o PP participe na mesa de contratación da auga e do saneamento.

Consideran que Nieves Cando está máis na liña de ser portavoz socialista.

O GMPP lamentou hoxe a través dunha nota de prensa que o alcalde presente unha imaxe tan triste, carente de ilusión e cargada de desinterés e pereza, tal e como amosou no pleno do pasado xoves.

O alcalde puxo na orde do día a aprobación do pliego da auga e do subministro, ainda que é competencia da Xunta de Goberno, porque de non ser así no pleno non habería ningún punto, só as mocións do PP. E ainda que dixo que era importante para que fose tratado polo pleno, o que compartimos, negouse a que un membro do PP, que é o grupo maioritario na corporación e a lista máis votada, estivese na mesa de contratación, o que demostra que este home non tén capacidade de diálogo.

Ademais, é patético que o alcalde e Nieves Cando digan que o PP non fixo nada, para xustificar a súa negativa a introducir enmendas ós presupostos da Xunta e do Estado que milloren a calidade de vida dos vecinos de Burela. Quenes non fixeron nada foron eles, porque o PP xestionou todo a zona portuaria e as instalacions que hai no Berbés, e tamén a nave de redes; fixo a gardería e a súa ampliación, o pavillón dos institutos, a rede de abastecemento doméstico da auga e a rede de sanemamento; a EDAR; a Casa do Concello; a ampliación do Hospital de 2001; o selado de antigo vertedeiro, o punto limpo e a área recreativa do Monte Castelo; o parque do Campòn, e ademais todo o que pisan o alcalde e Nives Cando desde que saen da casa hasta que chegan ó Concello; e tamén a praza da Concello. E neste punto indicar que animamos ós vecinos a que aparquen nesta plaza, xa que se poden aparcar o alcalde e os concelleiros, tamén poden aparcar os demais, que tamén pagan impostos; unha praza que tén as pedras destrozadas polos patinadores e que está chea de grafitis, algo que lle gusta ó alcalde, segundo dixo, ainda que nas prazas das cidades e vilas de Galicia eso non acontece.

Deste xeito, a ampliación do Hospital non cotiza nos presupostos da Xunta, como tampouco un novo pavillón, e non cotiza nos presupostos do Estado o corredor Barreiros-San Cibrao nin tampouco a saída oeste da travesía municipal de Burela.

O turno de rogos e preguntas resultou lamentable. Dixo que no asunto de Foxo o concello non tiña nada que ver, como se non fose con el. Pasou de dar prazos para o reinicio das obras do acceso ó porto, e nin se molestou en decir se ía falar coa empresa constructora para millorar a seguridade en Arcadio Pardiñas por mor da obra. E tampouco dixo nada acerca da pregunta formulada polo PP sobre desde cando as obras complementarias de Torrentes, que pagan os veciños de Torrentes, eran legales e desde cando.

E como mostra da súa pouca capacidade de traballo, queremos indicar que cando comenzou o turno de mocións tivo que falar coa Secretaria para ver por onde empezaban, porque tiña o pleno sen preparar. Finalmente, indicar que por segunda vez se lle fixo entrega no mesmo pleno ó Grupo Popular dunha enmenda, que por certo fora rexistrada o día antes. Cando pase a terceira vez, o PP abandonará o Pleno, porque estes señores cobran para cumplir coa legalidade e co respecto ós cidadáns, e por extensión con respecto ó grupo político maioritario da corporación.

Mención aparte merece o papelón de Nieves Cando, que últimamente semella estar máis na liña de convertirse en portavoz do grupo socialista, visto o mutismo total desta bancada.

En Burela,a vinteoito de Novembro de dous mil oito.

Exit mobile version