Site icon Crónica3.com A Mariña

O SLG mobilizase “polo dereito á negociación colectiva dos prezos”

O SLG mobilizase o 18 en Santiago “polo dereito á negociación colectiva dos prezos”

Nota de Prensa

POLO DEREITO Á NEGOCIACIÓN COLECTIVA DOS PREZOS
PRIMEIRO O PREZO, DESPOIS O CONTRATO
O Sindicato Labrego Galego vén de convocar unha nova mobilización para o
vindeiro día 18 de novembro. Con ela demandamos a fixación dun prezo mínimo
consensuado para o leite como paso previo imprescindíbel para a posta en marcha dos
contratos homologados; para iso é necesario que se volva a poñer en funcionamento
a Mesa do Leite como foro de negociación do prezo entre todas as partes
implicadas.
A manifestación partirá dende a entrada da Consellaría do Medio Rural finalizando
na praza do Obradoiro, perante da Presidencia do Goberno Galego.
Pese a que sempre valoramos a unidade de acción, esta mobilización convócaa o
Sindicato Labrego Galego en solitario. Isto é así porque o SLG é a única organización
que antepón a existencia dun prezo xusto á implantación dos contratos: Estamos
certos/as de que se o contrato non parte dun prezo mínimo garantido, entón convírtese
nunha ferramenta na man da industria para levar o leite ao prezo que queira na
negociación individual. De feito, desde que se asinou ese modelo de contrato por
parte da industria e das outras organizacións agrarias (coa mediación da Consellaría do
Medio Rural e do MAPA), o prezo baixou aínda máis. A estratexia da industria está
clara: levar o prezo ao nivel máis baixo posíbel para despois implantar o contrato
e consolidar a baixada.
O SLG esixirá con esta mobilización a actuación decidida da clase política, na
que reside a responsabilidade de regular o sector do leite coa eficacia e garantías
que corresponde a un produto de primeira necesidade para a sociedade.
Mobilizámonos en defensa dun prezo xusto para o leite, que cubra os custes de
produción e que remunere o traballo.

Exit mobile version