Site icon Crónica3.com A Mariña

Remata o curso de redeira que se ven celebrando dende hai un mes en Burela

BURELA .- Mañá mércores 19 de novembro remata o curso de redeiras que organizou a Concellaría de Mar de Burela e que se veu impartindo na aula de extensión pesqueira. Remedios López Villar lembra que “o curso está financiado pola Secretaría Xeral de Emigración e forma parte dos programas que favorecen os procesos de acollida da poboación emigrante retornada e dos inmigrantes”. A edil socialista engade que “neste curso que foi a primeira toma de contacto co sector pesqueiro participaron 12 alumnas que non só aprenderon un oficio senón que lles serviu para acercarse unha vez máis aos traballos mariñeiros”.

Remedios López Villar sinala que “hai moita demanda desta artesanía milenaria e non é fácil conseguir xente para arranxar as redes no tempo no que o barco está en terra. Desde esta delegación estamos a traballar na preparación de máis cursos para que participe máis xente e poidan integrarse e adicarse a este oficio evitando deste xeito que os armadores manden as redes fora de Burela a puntos como A Guarda ou a Portugal”.

O curso de redeiras durou un mes, no que se impartiron 100 horas de clase en horario de 10 da mañá a 1 do mediodía.

Exit mobile version