Site icon Crónica3.com A Mariña

Segundo o PP, a Deputación debera consultar os alcaldes para o traspaso das estradas á Xunta

NOTA DE PRENSA:

O PP ALERTA DE QUE A DEPUTACIÓN PERDERÁ NA MARIÑA UNHA OPORTUNIDADE DE OURO NO TRASPASO DE ESTRADAS Á XUNTA

* Os deputados González Barcia, Yanes Ginzo e Leal Arias critican que os responsables da administración provincial prescindiran da opinión de alcaldes da comarca á hora de decidir que viais se incluiran no proceso de transferencias

A Mariña, a 28 de novembro de 2008.- Os deputados provinciais do PP pola Mariña José María González Barcia, José Manuel Yanes Ginzo e Guillermo Leal Arias critican que no proceso de transferencias de estradas Xunta-Deputación e viceversa que se está a levar a cabo a administración provincial non contara en ningún momento coa opinión dos alcaldes e que nin sequera recibiran información ó respecto.

A ningún deles, segundo suliñaron, se lles consultou nada cando hai viais que cumplen perfectamente os criterios establecidos no propio Plano Director de Estradas da Xunta para ser transferidas á Xunta. Esto é, unen núcleos poboacionais de certa relevancia, dado que son cabeceiras de concellos, ou teñen volumen de tráfico destacable polo que tamén nesta caso cumplen os parámetros establecidos para poder ser transferidas.

Estarían neste caso, a estrada Burela-Rúa ou a de San-Cibrao-Burela; así como a vía litoral de unión entre Viveiro e Celeiro; a de Chavín a Vilalba pola Balsa; a de Trabada a Barreiros por Fórnea; a de Gontán a Ferreira do Valadouro; a de Santo Tomé a Santa María Maior; e a de A Pontenova a Consagrada.

Aínda que todas estas vías provinciais cumplen os requisitos para poder ser transferidas á Xunta, non quere dicir que teñan que selo, puntualizan os deputados populares, pero o que “si parece lóxico”, segundo recalcan, “é que a Deputación poña en coñecemento dos rexidores afectados esta posibilidade”.

No proxecto de traspaso de competencias redactado pola Xunta só se incluiron as estradas de Pozomouro a Espiñeira e a de Fazouro a San Acisclo, ambas no concello de Foz; e no da Pastoriza, o vial de Bretoña a Lindín, que son de competencia autonómica e que a Deputacion non quere asumir, explicaron González Barcia, Yanes Ginzo e Leal Arias.

A comarca da Mariña, en opinión dos populares, non existe para o bigoberno da Deputación e os deputados provinciais mariñáns, tanto socialistas como nacionalista, “só fan”, segundo salientaron, “política de partido e en ningún momento se preocupan polos intereses xerais dos veciños”.

Lembran os representantes do PP que o traspaso de competencias sobre estradas é un proceso de gran envergadura e dunha importancia trascendental polo que, dado que non se aborda con frecuencia, debería tratarse con seriedade e moito rigor, sopesando moi ben os pros e os contras e antepoñendo sempre, por diante do interese partidista, o que sexa mellor para o conxunto da comarca e, por extensión, da provincia. Algo que, na súa opinión, non se fixo neste caso polo que “perderase unha oportunidade de ouro para facer ben as cousas e os erros que se comentan agora serán moi difíciles de correxir”.

Exit mobile version