Site icon Crónica3.com A Mariña

Un río de xente pediu en Viveiro que “a crise que a pague o capital”

VIVEIRO .- Un río de xente pediu a onte a berros por rúas de Viveiro un novo modelo económico no transcurso de unha manifestación convocada pola CIG. Os manifestantes partiron do antigo edifico dos sindicatos dende onde baixaron ata a rúa Pastor Díaz pola que foron ata chegar a Praza Maior. Os manifestante corearon repetidamente durante o recorrido o lema “a crise que a pague o capital” e outras consignas. A manifestación asistiron veciños de toda a comarca de A Mariña; o acto contou co apoio do BNG.

NOTA DE PRENSA

MANIFESTACIÓN- VIVEIRO, 13 NOVEMBRO 2008

EN DEFENSA DOS INTERESES DA CLASE TRABALLADORA GALEGA,

A CRISE QUE A PAGUE O CAPITAL!

Hoxe, con esta manifestación de viveiro e as que se están a celebrar no resto do país, facemos un exercicio de responsabilidade. ante a gravedade da situación económica non podemos permanecer impasibles, contaxiados da apatía, a indiferencia e a desmobilización que promoven as organizacións estatais, tanto politicas coma sindicais.

Tiñan razón os que dician que “non hai crise”; certamente a situación da economía non é froito dunha crise senon de varias: crise financieira, crise inmobiliaria, crise enerxética, crise monetaria… E Como consecuencia de todas elas temos a crise da economia real.

Moitas crises pero un so culpabel: o sistema capitalista neoliberal. tan evidente é a súa culpabilidade que ninguén dubida dela; aos que sempre o dixemos e que eramos tratados como agoreiros ou, no millor dos casos, coma xente pre-histórica que non déramos entendido o que era a modernidade e a globalización, súmansenos agora estraños compañeiros de viaxe. o presidente da patronal pedindo un paréntese no libre-mercado, a administración bush nacionalizando bancos e aseguradoras…

os que defendían o neoliberalismo, os que reverenciaban o mercado como un deus todopoderoso, os que renegaban das regulacións e dos estados, todos eles mudaron o seu discurso no momento xusto en que o sistema deixou de darlles beneficios e pasou a ser ruinoso. De neocons pasaron a neosocialistas, porque sempre creron firmemente na redistribución, na redistribución das perdas.

O sistema neoliberal tivo nas ultimas décadas uns cómplices necesarios que levaron á práctica as receitas que o definían. dende boyer, sochaga, solbes, rato, montoro e de novo solbes, os gobernos do psoe e do pp mantiveron a mesma politica económica.  A mesma que na escena internacional aplicaron dende reagan ate bush, dende thatcher ate brown, asi como berlusconi ou sarkozy.

A bonanza economica baseouse, debido á moderación salarial, no endebedamento masivo da clase trAballadora, mentres os beneficios empresariais chegaron a cotas nunca vistas.

Agora todos eles vanse xuntar para “refundar o capitalismo”, van solucionar a crise que coas sua politicas crearon. pois podemos quedar tranquilos…
ou non.

Podemos quedarnos agochados diante do televisor vendo a crise pasar ate que nos toque directamente… Ou podemos actuar.

Podemos pechar os ollos á realidade… ou podemos intentar mudar esta realidade.

Na cig cremos firmemente na capacidade do noso pobo para reaccionar ante as dificultades. Asi o demostramos cando o cason , cando o prestige de cuio afundimento, precisamente, cúmprense no dia de hoxe seis anos.

Tamen sabemos que a clase traballadora pelexou as conquistas sociais e os dereitos que foi gañando.

Se realmente queremos un sistema mais xusto, as traballadoras e traballadores deste pais podémolo conseguir. debemos dar a batalla no ideoloxico, no sindical e no politico, pois é aí onde se poden ir tomando as medidas necesarias para avanzar no camiño dese novo sistema.

Dende o nacionalismo sabemos das limitacións do noso estatuto, por iso reclamamos o autogoberno, para que o noso pais dispoña dos máximos recursos para combatir situacións coma esta.

Pero dentro desas limitacións temos ferramentas, e sería unha irresponsabilidade non facer uso delas. a resolución da crise mundial non partirá da xunta probablemente, pero o que esperamos os galegos e galegas é que o noso goberno utilice todos os resortes para mellorar a nosa calidade de vida e minimizar os efectos da crise. sería a contribución do noso pais á recuperación da economía global.

Unha banca pública galega, unha nova lei de caixas de aforros poderían contribuir decisivamente no compromiso do sistema financeiro co productivo e lóxicamente coa selección estratéxica dos sectores productivos nos que nos interesa que participen.

Sería o xeito máis axeitado de facer chegar ás empresas e aos ciudadáns os cartos que tan alegremente lle entregan dende o goberno á banca privada. cartos que, non o olvidemos, son nosos. E polo tanto, se imos pagar do noso peto, queremos marcar nos as formas e as condicións.

Hoxe iniciamos, por tanto, unha campaña de mobilización e reivindicación de medidas que fagan posible que esta crise se salde de xeito favorable á clase traballadora.

Compañeiras, compañeiros, por un novo modelo económico e social,a crise que a pague o capital!!!

Exit mobile version