Site icon Crónica3.com A Mariña

Unanimidade en Ribadeo para a homenaxe a Calvo-Sotelo

RIBADEO .- O pleno celebrado no Concello de Ribadeo nas últimas horas aprobou por unanimidade a realización dunha homenaxe ao ex presidente do Goberno, Leopoldo Calvo-Sotelo y Bustelo no cabodano do seu pasamento. En maio procederase ao descubrimento dunha estatua de corpo enteiro nun lugar simbólico do porto de Porcillán dado que él era Marqués da Ría de Ribadeo. Está previsto que se faga unha cuestación popular para que os veciños que coñeceron a Calvo-Sotelo ou aquelas persoas que o estimen conveniente fagan doazóns para sufragar en todo ou en parte este monumento. Nesa homenaxe o Concello lle entregaralle a medalla de Ribadeo a título póstumo a quen foi alcalde honorario e fillo adoptivo de Ribadeo e así mesmo está prevista a edición dun libro-homenaxe sobre a relación que Calvo-Sotelo tivo con esta vila.

Autovía do Cantábrico

Na sesión plenaria tamén se aprobou por unanimidade solicitarlle a Fomento un acceso ao centro urbano de Ribadeo desde a A-8. O alcalde, Fernando Suárez, “agarda que agora aborden esta problemática que a Corporación Municipal en pleno lles propón… espero que agora sí nos fagan caso”. O rexedor insiste na necesidade de contar con ese acceso en sentido Galicia-Asturias “xa que á inversa xa se pode facer e sin embargo vindo desde Galicia non é posible acceder á zona centro de Ribadeo”.

Exit mobile version