Site icon Crónica3.com A Mariña

A corporación de Barreiros acordou por unanimidade pedir a Vivenda modificacións no plan sectorial

BARREIROS .- O pleno do Concello de Barreiros aprobou por unanimidade solicitarlle á Xunta que elimine todo o solo urbán previsto neste municipio dentro do plan sectorial de vivenda e que non se colla ningunha das hortas nas vivendas existentes, ou ben que se busque outra ubicación para desenvolver dito plan. Esta era parte da proposta que levou a pleno o equipo do goberno do PP, segundo explica o alcalde, Alfonso Fuente “había tamén un segundo punto no que propoñíamos a adquisición de vivendas libres e vacías que están a piques de rematar baseándonos en que desde a Consellería de Vivenda falan de 5 ou 10 anos para desenvolver este plan co cual no noso caso xa sería de inmediato. Ademáis así poderían satisfacer esas 41 solicitudes que hai na páxina web da propia consellería. E un terceiro punto no que plantexabamos que senón se aceptaban ningún dos dous primeiros  se anulara o plan”.
O rexedor engade que “finalmente aprobamos por unanimidade o punto un, pero non o segundo nin o terceiro, aínda que sí deixamos claro que eses dous plantexamentos xa van nas alegacións que presentou o Concello ó plan sectorial da Xunta. Para que o acordo do pleno sexa máis forte vimos que era mellor que fose aprobado polo menos ese punto por unanimidade, pero nós seguiremos levando adiante accións de non realizarse as modificacións que pedimos”.
Nese pleno ordinario tamén se someteu a aprobación unha moción do PP coa que se pide que se modifique unha lei orgánica e que os residentes no extranxeiro poidan votar en urna. “Só o PSOE vou en contra. Xa sabemos que para estes comicios non vai ser posible que voten deste xeito, pero agardamos que sí poidan facelo nos vindeiros”, segue a contar o alcalde barreirense.
Sesión extraordinaria
O Concello de Barreiros tamén foi escenario dun pleno extraordinario e urxente este mediodía  para someter a aprobación as alegacións presentadas ao cadro de persoal. Alfonso Fuente sinala que “o prazo rematou o pasado sábado e había alegacións plantexadas polo Colexio Oficial de Traballadores Sociais que non se estimaron e se aprobou definitivamente o cadro de persoal. Agora apróbase o decreto da oferta de emprego e durante os anos 2009, 2010 e 2011 levaráse adiante esa convocatoria de emprego desas prazas das que xa falamos no seu día”.

Exit mobile version