Site icon Crónica3.com A Mariña

Axudas da Deputación por importe de 126 mil euros para Ribadeo

RIBADEO .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, considera que a subvención de 126 mil euros que o Concello recibirá da Deputación Provincial de Lugo servirá para que as arcas municipais queden un pouco máis desafogadas. O rexedor asegura que o convenio asinado este mediodía coa vicepresidencia terceira da Deputación cuia responsable é María Xosé Vega Buxán “é un balón de osíxeno para o Concello dado que a Deputación nos concede unha partida importante en materia de axudas ao mantemento de equipamentos de atención primaria e especializada de titularidade pública que repercuten na conciliación familiar. É dicir, os gastos que o Concello ten no centro de día, na vivenda comunitaria e no Hospital Asilo. Estes gastos que sufraga o Concello desde sempre, agora e grazas a este convenio, vainos repercutir positivamente para que dunha proposta de petición de 152 mil euros nos financien o setenta por cen, é dicir uns 106 mil euros aos que hai que engadir outros 20 mil euros para actividades de ocio infantil. En total recibiremos da Deputación 126 mil euros”.
Fernando Suárez sinala que “é algo que nunca ata o de agora fora así e van servir estes cartos para que o Concello de Ribadeo vaia quedar desafogado dunha parte importante destes recursos que empregaba  para este fin e así se poida investir noutro tipo de actividades ou no pago de débeda pendente cos provedores”.

Exit mobile version