Site icon Crónica3.com A Mariña

Chaqueteiros da Mariña

Otero Regal

O diccionario déixao meridianamente claro:
Chaqueteiro-ra: Que chaquetea, que cambia de opinión ou de partido por conveniencia persoal. Adulador. Dito dunha persoa: servil ( rastreira).
Algunhas outras veces xa dixen que non me convence a política que se fai no noso país a nivel xeral e nesta Mariña de Lugo en particular. Sorprendido quedei esta semana ao ver como se anunciaba que, ante a inminencia de eleccións, os máis sinvergüenzas – non direi nomes – van deixando de lado todo principio ao mesmo tempo que se ofrecen, como rameiras de ocasión, a quenquera lles prometa un carguiño.
Adoitan argumentar que cren máis nas persoas que nos partidos políticos. ¡ E un nabo como o carallo! Os chaqueteiros non cren en partidos políticos nin en persoas nin en nada. Teñen a cara moi dura pero fáltalles firmeza. Demasiada ambición e poucos escrúpulos.
Abondaría con que ningún partido aceptase nas súas filas ex militantes doutros grupos para rematar co transfuguismo. Pero os partidos reaccionan ante esta lacra como os adestradores de fútbol ante unha mala arbitraxe: só se queixan cando perden. O que se vai a outro partido é un traidor; o que vén, é un sabio que rectifica. Eu cágome nos que van, nos que veñen e nos que acollen aos que veñen sen o menor indicio de receo.
En toda a bisbarra temos exemplos a esgallo:
Ribadeo: Alguén chegou a alcalde do PSOE despois de ser tenente de alcalde co BLOQUE.
Foz :Alcalde e segundos de abordo que eran de CDS e Coalición Galega e se reconverteron en socialistas da noite para a maña.
Burela aínda recordo a algún ex alcalde con a bandeira do bloque cando estudiaba maxisterio en Lugo, e agora un dos “leaders” do Psoe pasase por mor de non lle dar un empleo a súa dona a un novo partido.
Cervo: O que agora e un dos mandamais do PP a nivel provincial, deputado e reputado portavoz de o partido da dereita na Mariña. Foi ata pouco antes de estrear o sillon de concelleiro pepero, da executiva do PSOE, compañeiro de Ismael Rego e home de confianza de Roberto Álvarez.
Viveiro: bueno aquí e o “descojone” tivemos concelleiros do PP que tiñan aínda o carne do PSOE, pero con estes veo o escándalo: A carta de abordo cando se presentou a candidatura do PSOE, aínda era militante do PP, adonde se apuntara para conseguir un choiño para o consorte según afirmou ela mesma, a ahora o consorte aparece de candidato a secretario de organización do PSOE e aínda figura afiliado a o PP, pagou incluso o recibo de Xunio. Pero o propio alcalde pasou do marxismo leninista a o socialdemocrata como si nada.
Ourol: O alcalde fora catro anos atrais candidato do PSOE en Vilalba, ahora e alcalde de Ourol do PP.
A bon seguro que a carteira de chaqueteiros podria ampliarse con a vosa axuda, amigos lectores.
É tanta a repugnancia que sinto polos chaqueteiros que quixen adicarlles unhos versiños libres e mal feitos, eu non son poeta ¿Que esperabades? :

Sodes uns simples ladillas- aferradas a uns cargos.
Sen principios, sen coraxe, e sen nada que ofrecer.
Adoitades vivir de xeonllos lambendo cus e nabos.
Se un día cambia a paisaxe, cambiades vós con el.
Desprézovos, piltrafiñas.
Por conseguir uns pavos, venderiades a liñaxe que vos viu crecer.

Quedei a gusto … estou moito mellor.

Exit mobile version