Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla sobre as Agrupación de Defensa Sanitaria Gandeira en Xove

XOVE .- No Salón de Actos do Centro Cívico de Xove, tivo lugar unha charla informativa de especial interese para tódolos gandeiros e gandeiras sobre as ADSG (Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeira), as cales están reguladas polo Decreto 91/2001 do 19 de abril, o cal foi modificado polo Decreto 245/2002 do 24 de xullo.
Entorno a 100 persoas, na súa maioría gandeiros de Xove, acudiron a este acto, no cal se expuxo a posibilidade de crear unha ADSG no Concello de Xove, idea que espertou moito interese nos gandeiros/as que participaron na charla, quen ademais puideron expresar as súas dúbidas sobre do tema.
Os encargados de explicar como se organizan e funcionan estas agrupacións foron D. Hilario Moliner, encargado comarcal da organización sindical Unións Agrarias, e o veterinario D. José Luis Ramirez, que indicaron como as ADSG inciden no control das enfermidades para aumentar a produción das explotacións e así evitar posibles perdas para os gandeiros.

Exit mobile version