Site icon Crónica3.com A Mariña

Descobre o PP que no rescate do arrastreiro Rosamar o helicopterero de Celeiro operou desde A Coruña

A MARIÑA .-  Descobre o PP no rescate do arrastreiro Rosamar o helicóptero de salvamento Pesca2 con base en Celeiro estaba desprazado en Alvedro  e durante o rescate tivo ir a repostar a Coruña ao non poder facelo en Celeiro.
Según indica o PP, o   Pesca2 estaba substituíndo temporalmente ao Helimer Galicia, que se atopaba en mantemento e o helicoptero con base en Celeiro tivo que ir a repostar a Coruña onde estaba desprazada tamén a persoa responsable de surtir de combustible o helicóptero.
A ausencia do Pesca2 da súa base en Celeiro parece que comeza a ser habitual e tamén os altos tempos de resposta.

Nota de Prensa

Novas evidencias da actuación neglixente da Consellería de Pesca, que tamén desprazou á Coruña ao mecánico encargado de manexar os depósitos de combustible e supervisar a repostaxe, deixando inoperativa a base de Celeiro

O HELICÓPTERO QUE AUXILIOU AO ROSAMAR TAMPOUCO PUDO REPOSTAR NA SÚA BASE HABITUAL DE CELEIRO POR IMPREVISIÓN DA XUNTA

* O Pesca II tivo que efectuar as repostaxes en Alvedro, perdendo unha hora en cada misión aérea, pola elavada distancia que separa o lugar do afundimento do aeródromo coruñés

* Desde a base de Celeiro ao punto do afundimiento, o helicóptero tardaría 10 minutos, pero desde Alvedro, o tempo de vóo dura 40 minutos

Santiago, 10 de decembro de 2008.- Máis probas da actuación neglixente dos responsables de Salvamento Marítimo da Consellería de Pesca. O PPdeG ten constancia de que cando se produciu o naufraxio do pesqueiro Rosamar, o helicóptero Pesca II non pudo respostar na súa base habitual de Celeiro, porque o mecánico encargado de manipular os depósitos de combustible e supervisar a operación tamén fora trasladado á Coruña. A aeronave tivo que acudir a Alvedro, acurtando así en arredor de unha hora cada un dos vóos que efectuou sobre a zona do sinistro.

O Grupo Popular enmarca esta feito na improvisación  permanente dos responsables de salvamento marítimo da Xunta de Galicia e agrega que se se puidera ter efectuado a repostaxe na base habitual do Pesca II, en Celeiro, teríase mellorado notablemente a operatividade da aeronave. Así, desde a base de Celeiro á área na que se produciu o afundimento do Rosamar, o helicóptero tarda arredor de 10 minutos en chegar, mentes que desde a Coruña precisa de arredor de 40 minutos de vóo.

Ademais, de estar operativa a base de Celeiro, os mariñeiros rescatados poderían ter sido trasladados ao Hospital da Costa en Burela, ofrecéndolles unha atención médica inmediata.

A nova anomalía denunciada hoxe polo PPdeG súmase ao feito de que, cando se activou a alerta polo afundimento do Rosamar, o helicóptero Pesca II estaba desprazado desde a súa base habitual de Celeiro ao Aeroporto de Alvedro para suplir o Helimer Galicia, sometido a unha revisión.

O PPdeG insiste en que este feito contravén abertamente os contratos da Sociedade Estatal de Salvamento e Seguridade  Marítima e da Xunta de Galicia coa empresa encargada de operar as aeronaves. Nos dous casos, os contratos obrigan á empresa a substituír os helicópteros habituais en caso de revisión ou reperación, de xeito que todas as bases dispoñan de aeronaves operativas as 24 horas do día e durante os 365 días do ano.

Exit mobile version