Site icon Crónica3.com A Mariña

Dous plenos en Burela no penúltimo día do ano, un para aprobar os presupostos e outro a petición do PP

BURELA .- A corporación municipal de Burela celebra dous plenos o penúltimo día do ano. Unha sesión extraordinaria para analizar o plan sectorial da vivenda, a petición do grupo municipal do PP e un pleno ordinario para tratar os presupostos para o ano 2.009 que ascenden a de 6.764.793 euros.

Nota de Prensa
O CONCELLO SERÁ ESCENARIO MAÑÁ DE DOUS PLENOS. NO EXTRAORDINARIO ANALIZARÁSE O PLAN SECTORIAL DE VIVENDA DA XUNTA E NO ORDINARIO SOMETERÁNSE A APROBACIÓN INICIAL OS ORZAMENTOS DE 2009.

Burela, 29 de decembro de 2008. O Concello será escenario mañá 30 de decembro de dous plenos. No extraordinario previsto para as 10 da mañá analizaráse o plan sectorial de vivenda da Xunta. O alcalde, Alfredo Llano, lembra que “se trata dunha sesión solicitada polo PP para falar dese plan que se pretende realizar en Foxo. Piden que se elimine e que Consellería de Vivenda e Concello busquen de novo solo para a construcción de vivenda protexida e de promoción pública”.

No pleno ordinario de decembro que se celebrará ás 12 do mediodía serán sometidos a aprobación inicial os orzamentos de Burela para 2009 que ascenden a 6.764.973 euros. O rexedor explica que “descenden un 18% con respecto ós do presente ano. Tentamos que sexan uns presupostos moi realistas e axeitados para facer fronte ó que se ten previsto para o 2009: gastos de persoal, gastos financieiros, obras…”. Na mesma sesión procederáse a designar ós representantes do Concello nos consellos escolares de Burela e anularáse parcialmente unha ordenanza municipal para a instalación e funcionamento de antenas de telefonía.

Exit mobile version