Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Barreiros ve abandono nas vivendas sociais e pide que consellería as entregue

BARREIROS .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, pídelle axilidade á Consellería de Vivenda para proceder á entrega  das vivendas sociais que adxudicou xa o pasado 4 de xullo. O rexedor lembra que “hai xa anos que se iniciou a construcción de 21 vivendas en Barreiros que a día de hoxe están sen entregar. En xullo fíxose o sorteo e o propio delegado provincial, Cosme Eladio Pombo, informou a todos os adxudicatarios que nun mes ían recibir unha carta na que lles comunicarían si llela concedían en réxime de arrendamento ou de compra e cinco meses despois ainda non lles chegou dita comunicación”.
Fuente Parga denuncia ademáis o estado no que se atopan as inmediacións dese inmoble “estamos a ver como a maleza avanza ata o primeiro piso e eu lle preguntei ao delegado si podíamos limpar desde o Concello esa zona para que as herbas non cubriran unha obra recentemente rematada e díxome que ese é un traballo que ten que facer Vivenda. De momento Vivenda tampouco o está a facer e non se reciben tampouco as cartas que lles anunciaron aos veciños e a xente estaba ilusionada con entrar xa nesas vivendas. Eu lles pediría que se deixen de facer anuncios de novas construccións en Barreiros e que entreguen de inmediato esas vivendas que xa están rematadas e que xa foron sorteadas”.

Exit mobile version