Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Cervo reunirase con representantes de asociacións de Rúa e San Román

O alcalde de Cervo reunirase o venres con representantes das asociacións de Rúa e San Román co obxecto de tratar cuestións relativas ao mal estado da estrada que une estas localidades, de titularidade provincial, que presenta graves deficiencias agravadas nos últimos tempos como consecuencia das intensas choivas. A Deputación Provincial fixo caso omiso ás múltiples reclamacións realizadas desde o Concello, aseguran.

Exit mobile version