Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo presenta alegacións ao Plan de Vivenda Pública

RIBADEO .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, alega contra o Plan Sectorial de Solo Residencial promovido pola Consellería de Vivenda e Solo, por considerar que debe recoller as especificidades da vila de Ribadeo e o seu contorno natural. Considera que deben especificarse polo miúdo os seguintes aspectos:
Delimitar con detalle os límites das parcelas para recoller debidamente os peches das traseiras urbanas existentes no casco antigo e que non se produzan desequilibrios entre os afectados.
Que as actuacións que se produzan no casto histórico non teñan un impacto paisaxístico nin tipolóxico negativo.
Artellar unha solución para evitar o estrangulamento que existe nos accesos ás zonas de actuación previstas.
Que se exclúa do plan as vivendas existentes e para a adquisición de solo favorecer a permuta como sistema de xestión preferente.

Exit mobile version