Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro apremia a concretar o investimento de 2,7 millóns de euros do fondo estatal

Nota de Prensa

O BNG DE VIVEIRO CONSIDERA QUE HAI QUE CONCRETAR CANTO  ANTES O INVESTIMENTO DO FONDO ESTATAL.

A AXUDA ESTATAL PODERÍA EMPREGARSE NO SANEAMENTO E A REHABILITACIÓN DO CELEIRIÑO.

O Bloque Nacionalista Galego de Viveiro considera que o Concello ten que concretar canto antes o investimento de 2.779.778 euros procedentes do Fondo Estatal.
“Nós fixemos unha proposta e dímoslle entrada no rexistro do Concello. Entendemos que ten que levarse a Pleno este asunto —dí Goás Basanta— e preparar toda a documentación para presentar as propostas en tempo e forma”. “O BNG vai seguir insistindo en que esta importante cantidade de diñeiro se empregue en obras básicas como poden ser as de saneamento nas parroquias rurais e —mantén o portavoz nacionalista— tamén en facer o saneamento do barrio do Celeiriño”.
O BNG non ten nada en contra da sobras que se podan propór por parte da alcaldía, pero entende que neste momento de crise se debe priorizar e un concello como o de Viveiro, que desde hai anos presume dun saneamento integral que non ten, non pode gastar alegremente máis de catrocentos sesenta e dous millóns de pesetas en obras que, poden resultar moi vistosas, pero non son prioritarias.
“Se non temos para pan, non podemos comprar pipas—dí Goás Basanta—e por iso que queremos facer un chamamento ao resto dos grupos para que apoien a nosa proposta e esta axuda sexa investida en obras de carácter básico”.
“Sería tamén—conclue Goás Basanta—unha boa ocasión para apoiar con estes fondos ao barrio do Celeiriño da infraestrutura da que carece e tamén axudar á rehabilitación das vivendas até hai pouco ocupadas”.

Exit mobile version