Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro presenta unha moción para debater obras do Fondo Estatal

NOTA DE PRENSA:

XOSÉ ANTONIO GOÁS BASANTA concelleiro portavoz do BLOQUE NACIONALISTA GALEGO no concello de Viveiro, presenta para o seu debate no Pleno da Corporación Municipal a seguinte
MOCIÓN RELATIVA ÁS OBRAS A INCLUÍR NO FONDO ESTATAL DE INVESTIMENTO LOCAL
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Por mor da crise, o goberno do Estado vén de aprobar un fondo adscrito ao Ministerio de Administracións Públicas (MAP) de 8.000 millóns de euros, que se vai repartir proporcionalmente entre todos os concellos do Estado en función da súa poboación. Non ten en conta, por tanto, criterios de dispersión e avellentamento, nin sequera, tendo en conta o obxectivo anunciado do plan, a taxa de desemprego por concello.

Segundo o decreto, as obras financiábeis van desde a adecuación, rehabilitación ou mellora de espazos públicos urbanos, á promoción industrial, equipamentos e infraestruturas de servizos básicos nas redes viarias, de saneamento; a construción, adecuación, rehabilitación ou mellora de edificios e equipamentos sociais, culturais e deportivos, até a construción, adecuación, rehabilitación ou mellora da rede de abastecemento de auga potábel e tratamento de augas residuais. Serán en todo caso, obras que non estivesen xa incluídas no orzamento municipal de 2009 e de execución inmediata.

O BNG considera que debe ser o pleno da Corporación municipal quen formule esa proposta de obras e que se debe aproveitar o financiamento derivado deste plan para poñer en marcha actuacións que permitan asentar e mellorar os servizos públicos, desenvolver obras e actuacións para apoiar os nosos sectores económicos básicos e estender e ampliar a rede de servizos sociais, como mellor arma de cubrir as necesidades dos que máis o necesitan en épocas de crise como a que vivimos.

Por este motivo, o grupo municipal do BNG solicita a aprobación polo Pleno da Corporación do seguinte

Exit mobile version