Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela plantará árbores autóctonas na subida do cemiterio ao Monte Castelo

BURELA .-  O alcalde de Burela, Alfredo Llano mantivo un encontro nas últimas horas con representantes da Comunidade de Montes “para solicitarnos unha catalogación dos camiños, queren medilos, poñerlles nome”. O rexedor socialista explica que “tamén falamos de crear unha boa zona arbolada na subida desde o cemiterio ata o Monte Castelo. Queremos plantar árbores autóctonas a través dun proxecto no que implicaremos aos colexios de Burela para que colaboren na plantación. E analizamos o convenio asinado no ano 1999 entre o Concello e a Comunidade de Montes que ten unha vixencia de 25 anos. Estivemos vendo o que se fixo e o que está pendente de facer e o que queremos en definitiva é beneficiar ao máximo esa área recreativa do Monte Castelo”.
Alfredo Llano conta que “a Comunidade de Montes tamén me plantexou o arranxo de varios camiños que se estropearon coas chuvias destas últimas semanas. Teremos que ir ver o que ocorreu e despois acometer os arranxos necesarios”. O alcalde de Burela asegura que “existe unha relación fluída coa Comunidade de Montes e estaremos aí traballando conxuntamente”.

Exit mobile version