Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo pide achegas dos veciños para o monumento a Calvo-Sotelo

RIBADEO .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, ven de asinar un bando sobre a homenaxe popular que se renderá ao ex-presidente do Goberno, Leopoldo Calvo-Sotelo y Bustelo no cabodano do seu pasamento.

O bando di “pola alcaldía-presidencia, en execución do acordo plenario unánime dos grupos municipais de data 17 de novembro de 2008 de realización dunha homenaxe popular a don Leopoldo Calvo-Sotelo y Bustelo no cabodano do seu pasamento. A homenaxe consistirá entre outras actividades na instalación dun alto relevo conmemorativo nas inmediacións do peirao de Porcillán, encargado a un escultor de prestixio, polo que se procedeu á apertura de contas bancarias en tódalas entidades que teñen sucursal en Ribadeo a este fin”.

O rexedor no bando asegura que “a cuestación popular será encabezada por unha achega da familia e do Concello, solicitándose de tódolos veciños na medida das súas posibilidades unha achega económica para que reflicte este carácter de participación popular na homenaxe en cuestión que desde o Concello e a familia se lle pretende dar, polo que se invita a tódolos ribadenses a sumarse a esta iniciativa”.

Exit mobile version