Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno de Burela rexeitou as propostas do PP sobre Foxo e aprobou o orzamento de 2009

BURELA .- O goberno do concello de Burela, formado por PSOE en BNG, rexeitou as propostas do PP sobre a zona de Foxo e aprobou en solitario os orzamentos municipais para o ano 2009.  O alcalde, Alfredo Llano asegurou que “o Concello está por apoiar os veciños tanto os que están a favor coma os que están en contra”.  Os acordos acadáronse o longo de dous plenos que se celebraron na mañá do martes.

Notas de Prensa

O CONCELLO PRESENTOU ALEGACIÓNS Ó PLAN SECTORIAL DA XUNTA PEDINDO QUE NON SE VEXA AFECTADO O FUTURO PLAN XERAL NA ZONA DE FOXO.

Burela, 30 de decembro de 2008.  No pleno extraordinario celebrado no Concello de Burela a petición do PP foron rexeitadas as propostas plantexadas por esta formación sobre o plan sectorial de vivenda da Xunta. Os populares propoñían a súa eliminación nos términos no que foi presentado e a búsqueda de novas zonas para a creación de vivenda en Burela. Para o alcalde, Alfredo Llano “o que queda claro despois deste pleno é que o Concello está por apoiar ós veciños tanto ós que están a favor coma ós que están en contra”.

O rexedor asegura que “nós presentamos informes técnicos e alegacións diante da Consellería de Vivenda para que nos teña en conta algo que é moi importante, que non se vexa afectado a futuro plan xeral nesa zona de Foxo e que polo tanto se teñan en conta as nosas alegacións para que todo o mundo saia beneficiado. O que agardamos agora é que a Consellería nos conteste e si se teñen en conta as alegacións o plan sectorial será suficientemente aberto como para conformar a todas as partes”.

Alfredo Llano engade que “de todas maneiras estamos dispostos a seguir colaborando cos veciños neste aspecto. Estamos aquí para recibilos, estamos aquí para comunicarlles todo o que vaiamos sabendo, faremos máis reunións como é lóxico, unha vez que se contesten as alegacións. Queremos facer unha chamada á calma. Os cidadáns deben estar tranquilos porque non se verán desamparados pola nosa parte”.

O alcalde burelés sinala que “o pleno desenvolvéuse ben, faláronse as cousas como se tiñan que falar e a xente saiu convencida de que o Concello está pola labor de non deixalos desinformados senón todo o contrario. Estaremos con eles en todos os aspectos que faga falta”.

COS VOTOS A FAVOR DO EQUIPO DE GOBERNO QUEDARON APROBADOS DE XEITO INICIAL OS ORZAMENTOS DE 2009 DO CONCELLO DE BURELA.

Burela, 30 de decembro de 2008. Cos votos a favor do equipo de goberno e os votos en contra do PP este mediodía quedaron aprobados de xeito inicial os orzamentos de Burela para o 2009 que ascenden a 6.700.000 euros. O alcalde, Alfredo Llano, lembra que “se reduciron nun 18% si os comparamos cos do presente ano, pero esa baixada non se notará na vida normal do Concello. Hai que recordar que recaudaremos menos a través dos impostos directos porque algunhas taxas se conxelaron e outras se baixaron como é o caso do IBI, foron medidas que adoptamos para non forzar en exceso a economía dos nosos veciños”.

O rexedor engade que “Burela vai invertir moito este ano porque vai recibir moitas axudas do goberno estatal e das consellerías da Xunta de Galicia. Estes investimentos non defraudarán a ninguén nin se notará esa baixada da que falaba antes”. Llano insiste en que “se manterán ou se incrementarán as axudas sociais ós que máis o necesitan en Burela”.

O alcalde considera que “son uns presupostos realistas e axeitados ás circunstancias económicas e sociais actuais”

Exit mobile version