Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo ARDORA de Cervo abre o programa de teatro de Nadal en Xove

XOVE .- O grupo TEATRO ARDORA de Cervo abre o martes 30 a primeira das catro actuacións teatrais previstas dentro do programa de Nadal en Xove. ARDORA poñerá en escena a obra “Dende o Porto a San Ciprián” no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove as oito da tarde.  “Dende o Porto a San Ciprián” é unha comedia escrita  por Francisco Piñeiro, dirixida por María Paz Rodríguez Silva e interpretada por María Paz Rodríguez, Clara Rey, Luísa Caramés, Josefa Núñez, Mª José López, Lidia Pernas e Adela López.

Nota de Prensa

TEATRO ARDORA DE CERVO, MAÑÁ EN XOVE

Mañá, martes, 30 de decembro, ás 20:00 horas (8 da tarde), TEATRO ARDORA  coa obra “Dende o Porto a San Ciprián” vai abrir no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove a primeira das catro actuacións teatrais previstas dentro do Programa deste Nadal 2008-2009; das catro representacións, 2 son de teatro amateur e outras 2 de teatro infantil. Esta primeira actuación corresponde a teatro amateur.

A OBRA

Nos tempos  que  corren, onde a globalización  segue coa teima de medirnos a todos polo mesmo patrón cómpre buscar unha denominación de orixe, un sinal de distinción que avale a nosa  singulariedade e  identidade.

Por  moi lonxe que os avatares da vida nos separen  o primeiro recurso ó que sempre recurrimos é ó lugar onde nacemos  porque o levamos dentro. Deste xeito nos decatamos da beleza que temos e de que  o sinxelo se o aprezamos pode chegar a ser sublime.  Pero non sempre ocorre así. Agora está de moda  desprezar  o da nosa  casa e darlle valor ó de fóra.

Dende “O Porto a San Ciprián” é unha comedia escrita  por Francisco Piñeiro e dirixida por María Paz Rodríguez Silva  coa que pretendemos divertirnos  mentres   reflexionamos sobor dese fabuloso futuro  prometido polo actual progreso acelerado que non apreza o valor do noso pasado.

REPARTO

Sabela…………………………………………….. Mª Paz Rodríguez

Maruxa…………………………………………… Clara Rey

Jenniffer………………………………………….. Luisa Caramés

Silvina……………………………………………..  Josefa Núñez

Lucila……………………………………………..   Mª José López

Felisa………………………………………………  Lidia Pernas

Cándida……………………………………………  Adela López

As actuacións teatrais van continuar xa o vindeiro ano con arranso ao seguinte Programa:

-VENRES, 2 DE XANEIRO: TITERES TRES GLOBOS    coa obra “PEDRO E O LOBO”, teatro infantil.

-SÁBADO, 3 DE XANEIRO: OBRADOIRO DE TEATRO AFECCIONADO DE BRAVOS coa obra “OS APUROS DUN ZAPATEIRO”, teatro amateur.

-DOMINGO, 4 DE XANEIRO : TITERES TRES GLOBOS (609 836 170) -“O SAPO ENCANTADO”, teatro infantil.

Exit mobile version