Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo de teatro “O Bordelo” actuará en Brión

CERVO .- O grupo de teatro “O Bordelo” rematará o ano do seu décimo aniversario cunha actuación no Concello de Brión, na provincia da Coruña. Mañá sábado, día 27 de decembro, o colectivo cervense cerrará o ciclo teatral Pedra do Moucho, dentro da programación cultural do Concello de Brión e no que participaron trece compañías de teatro afeccionado de toda Galicia. O Bordelo porá de novo en escena “O Mariñán”, escrita e dirixida por Francisco Piñeiro.

Exit mobile version