Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela considera que non se está facendo todo o posible contra a violencia machista

NOTA DE PRENSA:

O GMPP considera que PSOE e BNG quédanse cortos na loita contra da violencia de xénero.

Os populares lembran que hai máis de cento corenta casos pendientes no xulgado número tres de Lugo.

Consideran que un policía por cada sesenta e cinco ordes de alonxamento é unha ridiculez.

O GMPP de Burela afirmou hoxe, a través dunha nota de prensa, que o PSOE e o BNG quédanse cortos na loita contra a violencia de xénero, porque pasado o día vintecinco xa se acabou a campaña mediática feita con famosos, non se garda o minuto de silencio polas víctimas, coma pasou coa muller de Pontevedra, e non se aposta por adoptar medidas serias e decisivas para erradicar esta lacra.

Para os populares de Burela, a sensibilización e o compromiso da sociedade civil é mui importante. Pero tan importante é buscar solucións reais e efectivas para evitar o que aconteceu o outro día en Pontevedra. As medidas pasan por máis xulgados, máis recursos humanos e materiais, máis endurecemento do Código Penal, aplicación do cumplimento íntegro das penas, e máis celeridade en resolver os problemas das mulleres que sofren a violencia de xénero.

O PP de Burela considera lamentable que o Xulgado número tres de Lugo, que é o único competente nesta materia en toda a provincial, teña no primeiro semestre do presente ano uns cento corenta casos pendientes de resolución, o que quere decir que n on hai medios. Igualmente, que haxa un policía para cada sesenta e cinco ordes de alonxamento, non deixa de ser unha cifra ridícula e manifestamente millorable, que, o que é peor, non resolve nada.

Por riba, os GPSs que se lles instalan ós maltratadores non funcionan ou funcionan mal, co que as mulleres acosadas síntense indefensas.

Ademais, os recursos económicos para as mulleres víctimas da violencia de xénero chegan con oito meses de retraso, e eso imposibilita que a muller afectada poida levar unha vida autónoma e cun mínimo de garantías.

Polo tanto, o PP de Burela considera que se vé imprescindible un cambio no enfoque da aplicación da lei, que, sen esquecer a sensibilizacion, dea un paso adiante na defensa da muller e na erradicación do problema.

O GMPP de Burela.

En Burela, a catro de Decembro de dous mil oito.

Exit mobile version