Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela convoca ós afectados polo plan sectorial de Foxo

Nota de Prensa

O PP convoca ós afectados polo Plan Sectorial de Foxo para o xoves.
Os populares consideran que os veciños están desinformados.
Afirman que nin a Xunta nin o Concello están contando cos propietarios.

O PP lamentou hoxe a través dunha rolda de prensa que nin o Concello de Burela, a través do alcalde, nin a Xunta, teñan contado cos propietarios da zona de Foxo para a elaboración do Plano Sectorial da zona, o que supón un desprecio hacia os mesmos, así como pisar os dereitos fundamentais das persoas.
Os populares de Burela consideran que os veciños están desinformados. Os propietarios que se puñeron en contacto cos populares fano porque a información que transmite o alcalde é escasa, e falla unha cuestión fundamental, o coñecemento do proceso que se vai levar a cabo, así como valorar as posibilidades de recurrir unha decisión que está en exposición pública e que se adoptou de costas ós propietarios.
Polo tanto, o PP vén de convocar ós propietarios afectados a unha reunión que terá lugar o vindeiro xoves, día catro, ás seis da tarde, na antiga biblioteca. A esta reunión acudirá, entre outros, o portavoz popular en materia de vivenda no Parlamento de Galicia Diego Calvo, profundo coñecedor dos planos sectoriais fixados por Vivenda para a comunidade autónoma, e o parlamentario popular por Lugo Jaime Castiñeira, tamén especialista nestes temas.
Os populares de Burela posúen toda a documentación elaborada pola Xunta, e téñena a disposición das persoas interesadas. Asemesmo, o PP xa se puxo en contacto coa Asociación de Veciños, para trasladarlle esa información e informala dos pasos que, a xuizo do PP, deben dar os afectados que desexen presentar alegacións.
Finalmente, para os populares é de todo impresentable o papel que están desenvolvendo tanto o alcalde coma Nieves Cando. O de Nieves Cando é de silencio, porque a actuación procede da Consellería de Teresa “Trabas”, e polo tanto toca calar. Pero o papelón do alcalde é de nota, porque debe lembrar que é o representante de todos os vecinos, e polo tanto tén que dar a cara. Ademais, o Plano Sectorial está a exposición pública desde finais de Outubro, quedan vinte días para que remate o prazo de alegacións, e ninguén desde o concello move un papel.
Os populares lembran que as vivendas sociais do Torno, trinta e dúas en total, que foron feitas pola Xunta do PP, ainda non foron entregadas, pola absoluta incapacidade da conselleira Teresa “Trabas” para solucionar o problema da financiacións das hipotecas, e auguran que se entregarán en datas próximas ás eleccións autonómicas.

Exit mobile version