Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela denuncia irregularidades nas contratacións do pacto comarcal polo emprego

NOTA DE PRENSA
O PP de Burela denuncia contratos “políticos e caciquís” no pacto comarcal polo emprego.
Os populares consideran “impresentable” a contratación de Remedios López, concelleira sociliasta de Burela.
O presidente do tribunal foi o alcalde de Burela, presidente do pacto comarcal polo emprego.

O PP de Burela vén de denunciar publicamente as prácticas “caciquís e clientelares” que se levan a cabo, á primeira de cambio, nas contratacións que se veñen de efectuar por parte do pacto comarcal polo emprego, que preside o alcalde de Burela, e que conta con aportacións da Xunta de Galicia.
Así, os populares de Burela consideran “impresentable”, polo que significa de pago de favores, a contratación de Remedios López, concelleira socialista de Burela, para un dos cinco postos contratados a semana pasada. Así, os populares lembran que Llano anunciou hai uns días a recepción de algo máis de trescentos mil euros para a posta en marcha do pacto comarcal polo emprego. E agora xa se ve como se van emplear eses cartos, contratando a militantes socialistas que non teñen a máis mínima dignidade que poñen de manifesto como fai o PSOE cos cartos de todos. Se este xeito de crear emprego vai continuar, estamos apañados.
Para os populares de Burela, ou o alcalde, ou Lòpez, ou os dous teñen que dimitir, porque é de todo punto impresentable que o propio alcalde, e á vez presidente do pacto polo emprego, sexa o presidente do tribunal calificador, co que está claro que hai indicios de favoritismo por parte de Llano.
Ademais, non se contou para nada cos membros que conforman a dirección do pacto comarcal polo emprego, e moito nos tememos que o proceso de selección esteña plagado de irregularidades. Os veciños e veciñas de Burela poden consultar as listas de persoas seleccionadas que están expostas no taboleiro de anuncions do concello de Burela, ainda que a sede é o de Foz.
Non sería de extrañar, porque Llano e López durante este ano e medio cometeron unha serie de irregularidades na contratación de persoal no concello de Burela (oficias de obra, peóns, selección do monitor de xardinería do obradoiro, etc.). Agora tampouco teñen ningún reparo en levar esas prácticas caciquís a unha organización supramunicipal que debería xenerar emprego, pero xa se ve cales son as formas destas persoas que demostran así que están na política por intereses persoais e partidistas.
Os veciños e veciñas de Burela deben ter coñecemento destas cuestións, para saber cal é o talante de quen nos goberna, que presume de buenismo e logo xa se ve como se comparta.
Por último, gustaríanos saber cal é a opinión do PSOE burelés, por exemplo de Sonia Fraga, que non hai moito tempo defendía a transparencia nas contratacións e criticaba o partidismo á hora de facer contratacións. Non nos extraña que no PSOE se cabreen, vendo como son bastantes os chamados pero só uns poucos son os elexidos.
En Burela, a vintetrés de Decembro de dous mil oito.

Exit mobile version