Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela insiste en que houbo actuación caciquil na contratación do pacto comarcal polo emprego

NOTA DE PRENSA

O PP de Burela ratifica que houbo actuación caciquil na contratación do pacto comarcal polo emprego.
Considera que os socialistas están mui nerviosos.
Afirman que se usou o sistema da entrevista para beneficiar a Remedios López.

O PP de Burela ratifica a súa denuncia de que houbo unha actuación caciquil e de pago de favores na contratación que o Pacto Comarcal polo Emprego fixo con Remedios López, porque o propio alcalde de Burela actuou como presidente do tribunal de selección, que usou o sistema da entrevista para beneficiar a Remedios López; de feito, na acta non se poñen as puntuacións acadadas polos distintos aspirantes nin na fase de concurso de méritos nin na fase de entrevista, só se pón a total, co que da transparencia da que presume o PSOE, nada de nada. Ademais, Llano minte cando dixo que o sistema fora “básicamente un concurso de méritos”, porque a entrevista puntuaba hasta sete puntos.
Para os populares de Burela, que agora seña o PSOE o que sale defendendo o proceso, é lóxico, o alcalde é o presidente do pacto polo emprego, e tamén é o secretario socialista de Burela, co que está tentando defenderse a si mesmo.
O que tén que facer é deixar de atacarnos a nosoutros, porque non tén desmentido nada do que nós dixemos, e só se limita a darnos caña, mostrando un nerviosismo considerable. O que é lóxico, porque por casos de irregularidades de contratación de persoal xa houbo problemas internos dentro do PSOE burelés, e agora poden volver a darse tales problemas. E que non mezclen churras con merinas, porque meter nesta polémica a José Manuel Barreiro ou a Balseiro é pretender desviar a atención, precisamente, dos sufridos veciños de Buerla, que vemos como cada día que pasa a incompetencia do alcalde vai a máis, incapaz de emprender proxectos ilusionantes e que non acepta a máis mínima crítica política. Volvemos a decirlle a este irresponsable político que non nos calará coas súas machadas e salidas de tono, e que o que tén que facer é decir por qué non se advertiu ás persoas que forman parte da dirección do pacto comarcal polo emprego de que se ían facer tales contratacións; donde está a transparencia da que presumen os socialistas.
Os populares advertimos que seguiremos investigando sobre este asunto, que nos parece bastante máis grave do que din os socialistas, que demostran así como entenden eles a creación de emprego.

Exit mobile version