Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pídelle ideas aos seus alcaldes e voceiros na comarca para elaborar o programa electoral

Nota de Prensa

A formación que preside Alberto Nuñez Feijoo traballa na elaboración de ambiciosas propostas programáticas que reflictan con precisión as demandas dos veciños da nosa comarca

O PROGRAMA ELECTORAL DO PPdeG CONTARA COAS PROPOSTAS E ACHEGAS DOS ALCALDES E VOCEIROS LOCAIS DA MARIÑA

•    A formación política popular promove a participación de todas as agrupacións locais no deseño do que, de lograrse a vitoria electoral, será o futuro programa de Goberno.

•     Segundo os populares chegou o momento do cambio e do fin do desgoberno da actual Xunta e por iso ten gran importancia preparar os compromisos do PP cos veciños da Mariña

A Mariña, 03 de decembro de 2008.- Os alcaldes e voceiros locais do Partido Popular de Galicia na nosa comarca están chamados a achegar as súas ideas e propostas para a elaboración do futuro programa electoral co que esta formación política concorrerá nas vindeiras eleccións autonómicas, previstas para marzo do ano próximo. O partido que preside Alberto Nuñez Feijoo traballa na preparación de ambiciosas propostas programáticas que reflictan con acerto e precisión as demandas dos veciños da Mariña lucense e, con este obxectivo, nada mellor que contar cos afiliados e simpatizantes das distintas agrupacións locais.

Deste xeito o PPdeG aposta pola participación no deseño das propostas que, de lograrse a vitoria electoral pasarían a ser o futuro programa de Goberno do novo Executivo autonómico popular. E polo que, insisten en reclamar a colaboración das bases que, a través dos seus respectivos alcaldes, voceiros locais ou dirixentes das formacións municipais farán as súas aportacións.

Segundo os populares chegou o momento do cambio e do fin do actual desgoberno da Xunta e por iso ten gran importancia a elaboración do que constituirán os compromisos desta formación política cos veciños da Mariña. No PP están convencidos que en tan só unha lexislatura puido verse as carencias do actual Goberno, o do bipartito, que xa non só marxina a nosa comarca senón que esqueceu por completo impulsar os principais proxectos de futuro que deberán terse iniciado sen dilación: as obras do corredor da costa, a apertura do dique norte de Alcoa, unha política de investimentos en materia de solo industrial e de apoio ao sector do comercio e das PEMES –que están a verse gravemente afectadas pola crise- ou a mellora do moi deteriorado sistema sanitario, un dos servizos públicos que empeoran con cada ano de xestión conxunta do PSOE e máis do BNG.

Exit mobile version