Site icon Crónica3.com A Mariña

Parlamentarios do BNG expoñen en Viveiro “os motivos e as receitas” para superar a crise

Nota de Prensa

O BNG ORGANIZA UN ACTO EN VIVEIRO PARA FALAR DA CRISE ECONOMICA, OS SEUS MOTIVOS E PROPOSTAS DO NACIONALISMO PARA ENFRONTALA.

A este acto acudiran como oradores os Parlamentarios Bieito Lobeira e Manuel Parga que ademais visitaran ABSA e Porto de Celeiro.

O BNG ten convocado para o sábado 13 as 20.30 no Salón de Actos do Conservatorio de Viveiro un acto no se exporá a visión dos nacionalistas sobre os motivos e as receitas que o BNG propón para superala. Neste acto estarán presentes os parlamentares Bieito Lobeira e Manuel Parga xunto con responsábeis da organizacion na localidade e comarca.

Dende o BNG entendemos que as visións catastrofistas non leva na ningures e moito menos por parte de aqueles, o Partido Popular, que mediante unha xestión ultraliberal  lanzaron mensaxes e apoiaron practicas políticas quen os levaron a situación actual; tampouco cremos que a negación da realidade e o autoengano posto en practica polo goberno español do PSOE, fose a maior maneira de afrontar un problema que si ben ten un orixe internacional e de sistema, débense tomar medidas  a tempo e asumir a situación para dar pasos cara a súa solución.

Exit mobile version