Site icon Crónica3.com A Mariña

Pide consenso e ánimo constructivo o PP de Burela para investir axudas estatais

Nota de Prensa

O GMPP solicita que se consensúen as actuacións do Fondo de Investimento Local.

Os populares presentan unha moción con propostas concretas.

Consideran que as medidas anticrise do Goberno chegan tarde e a Xunta non aplica ningunha.

O  GMPP de Burela presentou unha moción no rexistro municipal na que se solicita que as actuacións que se leven a cabo de acordo co Real Decreto 9/08 que regula o Fondo de Investimento Local se acorden por consenso entre os tres grupos políticos a través dunha comisión. Ademais, o GMPP presenta unha serie de actuacións a ter en conta para a súa inclusión no indicado Fondo, “entre outras que se poderían citar”.

Os populares consideran que as medidas excepcionais adoptada polo Goberno requiren consenso e ánimo constructivo, cousa que o bigoberno burelés desde logo non tén demostrado no que vai de mandato municipal, senon todo o contrario. A pesares deso, os populares pesentan a moción, para que quede constancia de que o PP está polo diálogo e fai propostas constructivas.

Para o GMPP, o que sí é certo é que os que antes calificaban de “antipatriotas” ós que falabamos de crise, agora non lles queda outra que asumila. Pero as medidas que adoptan chegan tarde.

En concreto, os populares entenden que a Xunta de Touriño e de Quintada ainda non tén adoptada ningunha medida real para axudar a paliar os efectos da crise, e por riba en Galicia aumenta o paro tres puntos máis ca no resto de España, e aumenta a destrucción de emprego. De feito, a aplicación da Lei de Dependencia leva dous anos de retraso.

Pola súa banda, o bigoberno burelés non adoptou ningunha medida no que vai de ano, e de cara ó ano que vén só anuncian que se van conxelar os soldos dos políticos, cousa que o alcalde hai tres meses decía que non valía para nada. Semella que os máis de catrocentos cincuenta parados non lle din nada nin ó alcalde nin a Nieves Cando. E o goberno de Zapatero saca medidas sen xeito algún, cando o paro xa está nos tres millóns de persoas e subindo. Por riba, medidas de difícil aplicación e xa veremos se efectivas, non sexa que sexan para para hoxe e fame para mañán.

O texto íntegro da moción é o seguinte:

A publicación o pasado día dous de Decembro no BOE do Real  Decreto 9/2008, polo que se crea un Fondo Estatal de Investimento Local, pode permitir a este Concello, de cumplirse na súa integridade o contido do indicado Real Decreto, abordar actuacións varias para paliar os efectos da crise e tentar que o paro siga a incrementarse.

Dada a excepcionalidade da medida, o Grupo Municipal Popular considera que debería procederse, a efectos da concreción das actuacións a encadrar dentro do marco do mencionado Decreto 9/08, a consensuar tales actuacións entre os tres grupos políticos que compoñen a corporación municipal, a través dos tres portavoces, a través da comisión informativa de urbanismo, ou a través dunha comisión “ad hoc”. En todo caso, o consenso debe garantirse a través unha proposta de actuación conxunta.

E como este Grupo Municipal considera que todos temos dereito e obriga de elaborar propostas, nesta mesma moción indicamos unha serie de actuacións, entre outras que se poderían citar, que nós consideramos de interese para o noso concello de acordo co Decreto, e que poden terse en consideración.

Por todo o indicado, o Grupo Municipal do Partido Popular, a través do portavoz asinante, solicita do Pleno da Corporación a adopción dos seguintes

ACORDOS

1 .- O Concello fixará as actuacións a levar a cabo encadradas dentro do marco do Decreto , de tal xeito que sexan propostas conxunta e consensuadamente polos tres grupos políticos.

2 .- O Concello de Burela incluirá, entre outras, actuacións que contemplen actuacións de rexeneración de asfaltado de rúas; asfaltado de camiños públicos; renovación de alumiado público e colocación de alumiado ornamental; renovación do mobiliario urbano deteriorado ou de parques infantís; adecentamento da antiga praia de Castrelo; milloras no campo de fútbol da Marosa, e nos pavillòns de Vista Alegre, Os Castros e Institutos, así como milloras no edificio da Praza de Abastos e na Casa da Xuventude e na Casa da Cultura. Igualmente, actuacións de millora do entorno dos barrios de Vila do Medio, Burela de Cabo, o Porto e Os Castros.

Exit mobile version