Site icon Crónica3.com A Mariña

Propietarios de Foxo piden asistencia ao pleno do Concello de Burela

BURELA.- A Plataforma de Veciños afectados polo Plan Sectorial do Solo da Consellería de Vivenda piden aos veciños de Burela que asistan ao pleno do concello no que se tratará o asunto relacionado coa execución do Plan mencionado. Consideran inapropiada a hora de celebración así como a falla de información axeitada.

NOTA DE PRENSA DA PLATAFORMA DE PROPIETARIOS DE FOXO.

Os propietarios da zona de Foxo afectados polo Plan Sectorial do Suelo da Consellería de Vivenda facemos un chamamento a todos os veciños e veciñas de Burela para que asistan o vindeiro martes ó pleno extraordinario que sobre este tema se celebrará ás dez da mañán.

En primeiro lugar, queremos manifestar que non nos parece apropiada a hora de celebración do pleno, porque non favorece a asistencia de público interesado, máis ainda cando neste pleno vaise tratar un asunto que compete xa non ós propios afectados senón ó conxunto de Burela, porque de aprobarse o Plan Sectorial condicionará o futuro urbanístico de Burela.

En segundo lugar, consideramos que o equipo de goberno do noso concello debe defender os intereses dos veciños afectados, pois son as alegacións presentadas, dun total de propietarios, o que di ben ás claras cal é a forma de pensar maioritaria.

En terceiro lugar, seguimos considerando que desde o equipo de goberno non se informou nin en tempo nin en forma ós afectados das enormes consecuencias que este Plan terá para os propietarios. A nós, ós propietarios, ninguén nos deu nada; pola contra, a Xunta despacharanos cunha miseria a través da expropiaciòn, porque é imposible calquera tipo de permuta de suelo, sinxelamente porque a Xunta non tén suelo en Burela e ningún particular quererá cambiar para peor.

En cuarto lugar, ainda non sabemos que pensarían, e como actuarían, o alcalde e os seus concelleiros do equipo de goberno se a eles lles expropiaran de forma tan alegre as súas terras ou propiedades. Agardamos que no pleno do martes clarifiquen a súa postura e se poñan de lado dos afectados.

Por eso, reiteramos a petición de asistencia masiva ó pleno do próximo martes, ás dez da mañán.

Exit mobile version