Site icon Crónica3.com A Mariña

Veciños afectados polo Plan Sectorial de Solo en Foxo-Burela manifestan a súa oposición

NOTA DE PRENSA DA PLATAFORMA DE AFECTADOS POLO PLAN SECTORIAL DO SOLO EN FOXO-BURELA.

A plataforma de afectados polo Plano Sectorial do Solo da Consellería de Vivenda da Xunta de Galicia, incluidos en Foxo, queremos manifestar á opinión pública que estamos totalmente en contra de que o pleno extraordinario que solicitou para tratar este asunto se vaia celebrar o día trinta, martes, logo de que teña rematado o prazo de alegacións, co que se impide que a Corporación adopte ningún tipo de acordo a xeito de alegacións.

Entendemos que a postura do alcalde pretende ocultar o debate democrático, pretende coartar a presencia de afectados, porque o pleno celebrarase ás dez da mañán, e pón de manifesto que non hai ningún tipo de intención en defender os intereses dos veciños, co que temos que concluir que nada podemos agardar nin do alcalde nin da tenente de alcalde, o que nos provoca unha enorme decepción, porque entre os propietarios hainos de todas as cores políticas, e consideramos que deste xeito non se favorece o diálogo e se xenera tensión.

Supoñemos que o alcalde non actúa a favor dos veciños porque se lle vai en contra á tenente alcalde (que é do BNG) pódelle bailar o sillón e non está pola labor. Polo que como veciños afectados sentímonos burlados pola Xunta, desamparados polo Concello de Burela e despreciados como veciños polo alcalde e pola tenente de alcalde.

Esperamos que o martes día 30 ás 10 da mañá todos/as aqueles/as veciños/as afectados/as polo Plan Sectorial de Foxo ou non, acudan ó Salón de Plenos do Concello de Burela.

Exit mobile version