Site icon Crónica3.com A Mariña

Xove quere coñecer a demanda de parcelas para ampliar o polígono

XOVE .- O goberno municipal de Xove quere coñecer a demanda de solo empresarial para ampliar o polígono. Con este fin convoca a ós interesados para que  rexistren a súa solicitude sen compromiso de compra, so coa finalidade de coñecer a demanda.

NOTA DE PRENSA.-

PREINSCRICIÓN PARA POLÍGONO EMPRESARIAL DE XOVE

O Concello de Xove considera a oferta de solo empresarial como un factor clave para o seu desenvolvemento económico e social.

No Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local recibíronse peticións de información acerca da dispoñibilidade de parcelas para a instalación e/ou mellora de empresas. Na actualidade, as dúas fases do Parque Empresarial están totalmente adxudicadas. É por isto polo que o Concello quere facer unha aposta pola ampliación de solo empresarial.

Para levar a cabo a tramitación precisa para esta creación de terreo industrial, queremos coñecer a demanda existente, polo que abrimos unha preinscrición de solicitude de parcelas.

Aquelas persoas que desexen contar con terreos deste tipo e que aínda non manifestaron o seu interese no Concello, poden facelo agora, persoalmente ou chamando ao Departamento de Emprego e Desenvolvemento (Contacto ROSA LAGE: tlf.: 982592001). Esta preinscrición non obriga a unha futura compra, ten simplemente carácter orientativo.

Exit mobile version